100% satisfaction guarantee Immediately available after payment Both online and in PDF No strings attached 4.6 TrustPilot
logo-home
Summary

Sumario Composición neolítico

Rating
-
Sold
-
Pages
1
Uploaded on
27-03-2024
Written in
2023/2024

neolitico una carilla apuntes

Institution
Course

Content preview

O Neolítico: características e cambios con respecto á época Paleolítica (cambios económicos,
sociais e culturais).

O Neolítico (6.000-2500 a.C.) é unha das tres etapas nas que se divide a Prehistoria (Paleolíticocomeza fai
800.000 anos-, Neolítico, Idade dos Metais). Os primeiros indicios da presenza de elementos neolíticos na
península Ibérica remóntanse aos inicios do VI milenio a.C.

Os cambios introducidos procedían de Oriente Próximo (difusionismo), combinados con elementos autóctonos
na súa evolución (evolucionismo), e foron penetrando no interior a partir da costa do Mediterráneo en fases
sucesivas. A primeira fase comezou no VI milenio a.C. nas zonas da costa catalá, levantina e andaluza, onde
son característicos os restos da cerámica cardial (decoración impresa feita coas cunchas de berberecho,
cardium edule).

Na segunda fase, nos inicios do IV milenio a.C., o Neolítico expandiuse polo resto da Península, destacando
no interior da actual Cataluña os enterramentos individuais con enxoval cubertos con lousas de pedra
(sepulcros de foxa). En Galicia, o Neolítico presenta moitas dificultades no seu estudo pola falta de vestixios
claros. Esta etapa supuxo un cambio transcendental nas formas de vida dos seres humanos o que dá lugar á
revolución neolítica. Con respecto ao Paleolítico destacan os seguintes:

• Económicos: introdución da economía produtora baseada na agricultura e na gandaría, fronte a economía
predadora do Paleolítico. A recolección, a caza, a pesca e o marisqueo mantéñense como actividades
complementarias.

• Sociais: fronte ao nomadismo do Paleolítico, a actividade agropecuaria propicia que os grupos humanos se
establezan en determinados lugares, dando orixe aos primeiros poboados estables. Se falamos de
asentamentos, podemos diferenciar dúas fases durante o Neolítico: unha primeira onde os estes se realizaron
en covas localizadas fundamentalmente na costa mediterránea (cova de L’ Or, Valencia) e unha segunda
onde xurdiron verdadeiros poboados situados en zonas máis chás e adecuadas para o cultivo (Los Castillejos,
Los Millares, etc). Ademais, o sedentarismo e os excedentes agrarias do Neolítico permiten a crecente
especialización das tarefas e, como consecuencia, a estratificación social e a división do traballo. A rapina e a
guerra tamén teñen a súa orixe nesta época polo desexo de arrebatar aos veciños os seus bens.

• Técnicos: no Neolítico as ferramentas de pedra elabóranse coa nova técnica do pulido, de modo que se
conseguen mellores superficies cortantes que coa técnica de lascas característica do Paleolítico (Gándaras
de Budiño, en Pontevedra). Ademais créanse novas ferramentas necesaria para as actividades agrícolas
como fouces, eixadas e muíños de man; tamén aparece a cerámica, necesaria para almacenar, conservar e
transportar alimentos; o tear, elementos de adorno (brazaletes, aneis, etc), a roda (ao final do período)...

• Culturais: a necesidade de contar con boas colleitas orixina o nacemento do culto ás forzas da natureza e
con iso as primeiras formas de relixión. O sedentarismo fai que os mortos permanezan xunto aos vivos,
aparecendo outra forma de carácter relixioso, o culto aos defuntos (Cultura dos sepulcros de fosa), ainda que
temos constatación de enterramentos da época dos neanderteles . Durante o Neolítico avanzado, nun período
en que se comezou a empregar o cobre, en numerosas áreas peninsulares realizáronse construcións, a
maioría delas con finalidade funeraria, que dan lugar á cultura megalítica (dolmen, sepulcro de corredor- en
Portugal xa os atopamos no IV milenio a.C.).

Da última época é a aparición dos primeiros ídolos femininos (Dama de Gavá). Desde o punto de vista
artístico, a pintura e a escultura evoluciona desde as formas naturalistas e polícromas do Paleolítico
realizadas nas paredes dos refuxios e covas (cova de Altamira) ata o esquematismo e mesmo a abstracción,
incorporando a figura humana nas representacións e realizando as pinturas con tintas planas monocromáticas
organizadas en escenas (pinturas parietais da zona levantina: Cogull, Alpera, Valltorta...).

Written for

Institution
Secondary school
Study
Bachillerato
Course
School year
6

Document information

Uploaded on
March 27, 2024
Number of pages
1
Written in
2023/2024
Type
SUMMARY

Subjects

$9.05
Get access to the full document:

100% satisfaction guarantee
Immediately available after payment
Both online and in PDF
No strings attached

Get to know the seller
Seller avatar
anaariasgomez

Get to know the seller

Seller avatar
anaariasgomez
Follow You need to be logged in order to follow users or courses
Sold
-
Member since
1 year
Number of followers
0
Documents
6
Last sold
-

0.0

0 reviews

5
0
4
0
3
0
2
0
1
0

Trending documents

Recently viewed by you

Why students choose Stuvia

Created by fellow students, verified by reviews

Quality you can trust: written by students who passed their tests and reviewed by others who've used these notes.

Didn't get what you expected? Choose another document

No worries! You can instantly pick a different document that better fits what you're looking for.

Pay as you like, start learning right away

No subscription, no commitments. Pay the way you're used to via credit card and download your PDF document instantly.

Student with book image

“Bought, downloaded, and aced it. It really can be that simple.”

Alisha Student

Frequently asked questions