Índice
1. Tiles
2. Análise morfolóxica das palabras
3. Elementos do proceso comunicativo
4. As relacións semánticas
5. Funcións sociais da lingua. Conceptos clave
6. Formación da lingua galega (etapas)
7. Palabras segundo a súa modificación
8. A literatura galega de tradición oral
8.1. Relato popular
8.2. Cantiga popular
8.3. O teatro popular
, 1. TILES 2. ANÁLISE MORFOLÓXICA DAS PALABRAS
➢ Hiato 1v.p + 1v.a: leva til porque ten unha
vogal tónica pechada que vai en contacto
cunha vogal aberta átona.
➢ Hiato 2v.p: leva til porque ten dúas vogais
pechadas en contacto e o golpe devoz vai
na segunda.
3. ELEMENTOS DO PROCESO COMUNICATIVO
A comunicación componse dos seguintes comoñentes:
➢ Emisor: emite a mensaxe
➢ Receptor: recibe a mensaxe
➢ Mensaxe: o que se quere transmitir
➢ Código: p.ex: lingua na que se fala
➢ Canle: se falamos o aire, se escribios o papel…
➢ Contexto: situación na que se produce a comunicación
4. AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS
➢ Sinonimia: relaciónq ue se da entre palabras cun mesmo
ou similar significado. A sinonimia perfecta entre dúas
palabras dase poucas veces, pois teñen que ser sinónimas en todos os contextos.
➢ Antonimia: dous termos son antónimos cando entre os seus significados son opostos. 3 tipos:
○ Gradual: entre os dous termos hai máis graos → alto - baixo
○ Complementaria: unha exclúe á outra → vivo - morto
○ Recíproca: a existencia dunha depende da outra → pai - fillo
➢ Polisemia: unha palabra é polisémica cando ten varios significados
➢ Homonimia: 2 palabras son homónimas cando teñen o mesmo significante pero distintos
significados. Trátase de palabras de orixe diferente que na evolución chegaron a unha forma común
○ Homógrafas: soan = e escríbense =
○ Homófonas: soan = e escríbense distinto
➢ Hiperonimia e hiponimia: relación de xerarquía na que o hiperónimo engloba hipónimos → flor:
rosa, margarida, caravel… As diferentes flores, rosa, margarida e caravel son cohipónimos.
➢ Campo semántico: conxunto de palabras que comparten semas → asentos: banco, sofá…
5. FUNDIÓNS SOCIAIS DA LINGUA. CONCEPTOS CLAVE
Persoa bilingüe: individuo que ademais da súa primeira lingua, ten unha competencia semellante noutra e
é quen de usar unha ou outra en calquera circunstancia con parecida eficacia. Para analizar o bilingüismo
individual debemos ter an conta tanto a competencia (ou grao de coñecemento) como o uso que se fai das
linguas. En sentido estrito, se unha persoa que pertence a unha sociedade bilingüe coñece as dúas linguas,
pero usa unha para uns contextos e outra para outros, ese falante fai un uso diglósico das linguas, non
exerce como bilingúe funcional.
Competencia ou destreza lingüística: capacidade dun individuo para entender e empregar un idioma
tanto oralmente como por escrito. Tradicionalmente a didáctica das linguas clasificou as destrezas
implicadas na adquisición ou aprendizaxe das linguas en función do modo de transmisión (orais ou escritas)
e ao papel que desempeñan na comunicación (activas ou pasivas): expresión oral (falar), expresión escrita
(escribir), compresión oral (entender a oralidade) e compresión escrita (ler).
Destrezas /papel q desempeñan Activas Pasivas
Orais Falar Entender
Escritas Escribir Ler
Contacto lingüístico/contacto de linguas: situación sociolingüística que se produce ao conviviren dúas ou
máis linguas nun mesmo espazo xeog. A consecuencia directa do contacto lingüístico é o bilingüismo social.