100% satisfaction guarantee Immediately available after payment Both online and in PDF No strings attached 4.2 TrustPilot
logo-home
Class notes

Apuntes derecho penal

Rating
-
Sold
-
Pages
109
Uploaded on
04-06-2022
Written in
2021/2022

Apuntes de la asignatura Derecho Sancionador (penal II) Son todos los temas a estudiar para el examen, actualizados de este año.

Institution
Course











Whoops! We can’t load your doc right now. Try again or contact support.

Written for

Institution
Study
Course

Document information

Uploaded on
June 4, 2022
Number of pages
109
Written in
2021/2022
Type
Class notes
Professor(s)
Silvia
Contains
All classes

Subjects

Content preview

TEMA 1: CONCEPTO, FINS E CLASES DE
PENAS

1. QUE É UNHA PENA EN DEREITO PENAL?
Castigo consistente na privación dun ben xurídico que pola
autoridade legalmente determinada a quen, tras o debido proceso,
aparece como responsable dunha infracción do dereito, e a causa de
dita infracción.

1.1. CARACTERÍSTICAS DA PENA
 A pena ha de consistir nun mal para o suxeito que a recibe. Este
mal non se debe entender no sentido do sufrimento ou desagrado,
senón que alude a unha privación total ou parcial de bens
xurídicos. A pena consiste na privación total ou parcial de bens
xurídicos e, fundamentalmente da vida, a liberdade ou outros
dereitos e o patrimonio. Normalmente, á privación de calquera ben
xurídico van aparelladas consecuencias desagradables para o
suxeito, pero este aspecto non pertenza á esencia da pena.
o Sinalouse en ocasións que a pena é un ben ou que debería
selo. Desde un punto de vista ideal, pode considerarse que a
pena é un ben xa que pode producir unha serie de bens;
pero desde un punto de vista material, a pena ha de consistir
na privación de bens e por tanto, concrétase nun mal.
 A pena unicamente pode ser imposta de acordo co disposto nas
leis. Segundo o art. 2.1, “no será castigado ningún delito con pena
que no se halle prevista por Lei anterior á súa perpetración”.
Plásmase aquí o principio de irretroactividade das disposición
desfavorables para o reo.
 A pena ha de ser imposta polas autoridades constituídas pola lei e
en virtude dun proceso legal. Así o esixe o art. 24 CE e o recoñece
o 3.1: “No podrá ejecutarse pena ni medida de seguridad sino en
virtud de sentencia firme dictada por el juez o tribunal
competente, de acuerdo con las leyes procesales”.
o Con esta previsión exclúese a vinganza privada e
establécese unha garantía de imparcialidade e de
obxectividade ao ser o estado quen monopoliza a fixación,
imposición e execución das penas.
 A pena ha de ser imposta a causa dunha infracción da Lei e
precisamente á persoa que sexa responsable da mesma.
o Na definición está implícita a norma de reprobación pola
violación da norma que expresa a pena, e o conseguinte

María Rodríguez Fernández 1

, reproche dirixido ao autor de dita violación. Esta reprobación e
reproche non teñen natureza moral, senón que basean o
fundamento no carácter obrigatorio da norma violada e no
sentimento de respecto á lei, que é básico para a existencia do
ordenamento xurídico.




En conclusión, conceptualmente a pena é retribución polo delito
cometido. Castígase porque se delinquiu. A privación dun ben xurídico
por parte do estado non ten porque ser unha pena; isto é, nestes
momentos, non podemos saír a un pub ata as 7 da mañá.

1.2. QUE NON SE CONSIDERA PENA?
O art. 34 do CP establece que “no se reputarán penas:

1º. La detención y prisión preventiva y las demás medidas
cautelares de naturaleza penal”, puesto que, a pesar de tener
carácter aflictivo, no pretenden castigar por la comisión de un delito,
sino asegurar la celebración del juicio;

2º. Las multas y demás correcciones que, en uso de atribuciones
gubernativas y disciplinarias, se impongan a los subordinados o
administrados.  Neste caso, unha multa de tráfico é unha sanción
administrativa e non unha pena.

3º. Las privaciones de derechos y las sanciones reparadoras que
establezcan las leyes civiles o administrativas”.

Nunha materia coma esta, na que hai temas de dereito Penal e
Administrativo sancionador, é importante diferenciar entre PENAS e
SANCIÓNS ADMINISTRATRIVAS. Aínda que é certo que as sancións
administrativas tamén consisten en privacións e limitacións de
dereitos, a diferenza entre ambos tipos de sancións ven dada porque
a pena é resultado da comisión dun feito tipificado na Ley penal como
delito (art. 2.1 CP) e ven imposta polos Xuíces e Tribunais da orde
penal tras o correspondente proceso legal con todas as garantías (art.
3.1 CP).

2. XUSTIFICACIÓN E FINS DA PENA
Unha vez que se define a pena, é momento de abordar como se
xustifica a existencia e as finalidades que compre.

2.1. TEORÍA ABOLICIONISTA
María Rodríguez Fernández 2

, Consiste nun conxunto heteroxéneo de teorías que negan toda
xustificación ao castigo importo polo Estado. Consideran que os
cárceres non serven para manter a orde social.

Existe unha corrente de penalistas que negan a xustificación ao
castigo imposto polo Estado (e especialmente á pena). Hai dúas
posicións:

 Eliminar todo castigo e toda norma (xurídica e moral). Stirner.
 Eliminar a pena pero manter outras formas de control social, como
a educación moral, a presión da opinión pública...

Danse unha serie de críticas:

 Óbviase aportar algunha solución sobre control social e limitación
do poder punitivo.
 Propugnan un modelo de sociedade problemática (lei do máis forte
ou disciplinario).

2.2. TEORÍA ABSOLUTA OU
RETRIBUCIONISTAS
A imposición da pena xustifícase como retribución polo delito
cometido. Ollo por ollo dente por dente (lei do Talión). Esta idea
sempre supuxo unha fascinación irresistible sobre o pensamento
político reaccionario e nunca se abandonou de todo na cultura penal.

No s. XIX o idealismo alemán elabora unha teoría moderna de
retribucionismo, da man de Kant e Hegel.

KANT dicía que a pena é unha esixencia incondicionada da
xustiza; que a pena é unha retribución ética e que a pena non debe
responder ás razóns utilitarias. Sostén que que o fin da pena é a
realización da xustiza, como unha necesidade ética e que se ha de
executar a toda costa, aínda que non proporcione beneficio algún.

HEGEL dicía que a pena se xustifica porque é a negación do
Dereito. Tamén, dicía que a pena se xustifica porque reafirma o
Dereito e pola necesidade de restablecer a orde legar violando
(retribución xurídica) e que a pena non debía responder a razóns
utilitarias.

2.3. TEORÍA RELATIVA OU DE PREVENCIÓN
(IMPORTANTES)
O castigo xustifícase pola utilidade, polos obxectivos de
prevención aos que se orienta. O que se pretende é evitar a comisión
de futuros delitos. Existen diferentes tipos de prevención:
María Rodríguez Fernández 3

,  Prevención xeral: castígase á persoa que comete o delito
para que a sociedade entenda que se se fai iso, van ser
castigados. Ten lugar a través da conminación penal abstracta
e a través da imposición e cumprimento da pena, aínda que os
escasos estudos empíricos existentes parecen sinalar que para
disuadir aos cidadáns de cometer delitos é mais importante a
seguridade de que o delito vai ser castigado que a entidade das
sancións coas que ameaza a lei.
o Negativa ou intimidatoria: a pena debe servir para
intimidar aos cidadáns e evitar que delincan. “A” mata a
“B” e encarcérase a “A”, o asasino, de modo que “C”
quede intimidado e non cometa outro delito.
o Positiva ou integradora: a pena debe servir para
educar aos cidadáns respecto ao ordenamento xurídico.
“A” mata a “B”, castigamos a “A” para que “C” diga que
lle parece correcto, de modo que non o fai (Educación
positiva)
 Prevención especial: impedir a comisión do delito por quen
xa cometeu algún. “A” mata a “B”; encarcérase a “A” para que
non mate a ninguén máis.
2.3.1. PREVENCIÓN XERAL NEGATIVA

O fin da pena é intimidar aos cidadáns para que non cometan
delitos.

O representante é Von Feuerbach, que di que a ameaza da pena
ten función de disuadir á poboación da comisión de delitos. Ademais,
di que se a intimidación fracasa, a pena debe impoñerse para
confirmar a seriedade da ameaza e manter o efecto intimidante
fronte ao resto da sociedade.

Críticas que recibe: non ofrece un criterio limitador da pena e non
supón un freo para delincuentes por convicción ou impulsivos.

2.3.2. PREVENCIÓN XERAL POSITIVA

O fin da pena é educar aos cidadáns no respecto ao ordenamento
xurídico. Castígase para que a sociedade vexa que o dereito imponse,
que os infractores reciben sanción e que os valores que protexe o
ordenamento seguen vixentes.

O seu representante é Jakobs. Di que a pena debe servir co fin
socialmente útil de reforzar a convicción colectiva en torno á vixencia
da norma violada, fomentar os lazos de solidariedade social e afianzar
a confianza institucional no sistema.


María Rodríguez Fernández 4
$42.89
Get access to the full document:

100% satisfaction guarantee
Immediately available after payment
Both online and in PDF
No strings attached

Get to know the seller
Seller avatar
mararodrguezfernndez

Get to know the seller

Seller avatar
mararodrguezfernndez Universidade da Coruña
Follow You need to be logged in order to follow users or courses
Sold
0
Member since
3 year
Number of followers
0
Documents
4
Last sold
-

0.0

0 reviews

5
0
4
0
3
0
2
0
1
0

Recently viewed by you

Why students choose Stuvia

Created by fellow students, verified by reviews

Quality you can trust: written by students who passed their tests and reviewed by others who've used these notes.

Didn't get what you expected? Choose another document

No worries! You can instantly pick a different document that better fits what you're looking for.

Pay as you like, start learning right away

No subscription, no commitments. Pay the way you're used to via credit card and download your PDF document instantly.

Student with book image

“Bought, downloaded, and aced it. It really can be that simple.”

Alisha Student

Frequently asked questions