TEMA 2
O PATRIMONIO E A RENDA EMPRESARIAL
Concepto de riqueza: é o conxunto de bens, dereitos e obrigas debidamente valorado que lle
serve a unha unidade económica para satisfacer as súas necesidades ou realizar a súa actividade
produtiva. Na linguaxe contable riqueza = patrimonio. É un concepto estático.
A riqueza na empresa:
Compoñentes do patrimonio:
o Bens: elementos que a empresa utiliza na súa actividade produtiva ou comercial
(edificios, máquinas, ...), que transforma (materias primas) ou que vende
(mercadorías, produtos terminados)
o Dereitos: supoñen unha situación xurídica na que a empresa ten unha posición
favorable; o dereito a utilizar ou recibir un ben ou servizo. O habitual é que se
materialicen en cobros en diñeiro.
o Obrigas: son situacións xurídicas nas que a empresa se atopa en posición favorable,
posto que ten que entregar a terceiros un ben ou servizos. Normalmente cancélanse
cun pago con diñeiro pero, en ocasións, os compromisos cancélanse coa entrega de
bens ou a prestación de servizos.
Os bens e os dereitos constitúen os activos (A).
Para recoñecer os activos no Balance de Situación temos estes criterios: recursos
controlados economicamente pola empresa, resultados de feitos pasados, con
capacidade de xerar beneficios no futuro mediante a súa venda ou emprego, fiabilidade
na súa valoración.
As obrigas constitúen os pasivos (P).
Para recoñecer os pasivos no Balance de Situación temos estes criterios: obrigas actuais,
resultado de feitos pasados, para a súa cancelación a empresa deberá entregar activos,
fiabilidade na súa valoración.
Patrimonio neto
O patrimonio neto dunha empresa é a parte residual dos activos dunha vez deducidos tódolos
seus pasivos.
Bens + dereitos – obrigas = patrimonio neto
(A) – (P) = (PN)
Representa a participación dos propietarios na empresa nunha data determinada.