DEPARTAMENTO DE
Introducción a Contabilidade
ECONOMÍA FINANCEIRA E
1º Curso de Grao de ADE
CONTABILIDADE
EXERCICIOS TEMA 9: Recursos alleos
1. FROITAS DE SANTIAGO SA., é unha empresa dedicada á distribución de froitas. O
seu exercicio económico coincide co ano natural. As seguintes operacións corresponden
ao ano 2014.
a. A empresa asina unha póliza de crédito con vencemento a nove meses de 50.000€ co
Banco Galicia. O banco cóbranos unhas comisións pola operación que ascenden a 30€
que cargamos na propia conta de crédito. Realiza as seguintes operacións a través da
póliza de crédito.
b. Compra envases, por valor de 10.000€, para envasar a froita comprada a granel. Paga
a través da póliza de crédito aberta no Banco Galicia.
c. Cobra a uns clientes 3.000€, o importe ingrésase na póliza de crédito.
d. Paga 100€ a través da póliza de crédito dos seguros das construcións. O período de
cobertura é do 1/07/2014 a 30/06/2015.
e. O Banco Galicia cóbranos uns xuros de 300€, que pagamos a través da propia conta
de crédito.
f. Chegado o vencemento cancélase a póliza de crédito.
Contabiliza as operacións anteriores e indica a o crédito dispoñible e o crédito disposto que
ten Froitas de Santiago co Banco Galicia tras a realización de cada unha das operacións.