DEPARTAMENTO DE
Introducción a Contabilidade
ECONOMÍA FINANCEIRA E
1º Curso de Grao de ADE
CONTABILIDADE
EXERCICIOS TEMA 10: Patrimonio neto
1. O patrimonio neto de FROITAS DE SANTIAGO SA. a 31/12/x e que aparece no balance de
situación da empresa a esa data é o seguinte:
Patrimonio Neto
Capital 350.000
Reserva legal 30.000
Reserva voluntaria 40.000
Resultado do exercicio X 100.000
Total patrimonio neto 520.000
Na memoria que elaborou a empresa conxuntamente co resto das contas anuais a esa data aparece a
seguinte proposta de distribución do resultado do ano X:
- A reserva legal 10%
- A reserva voluntaria 40%
- A dividendos 20%
- O resto queda pendente de repartición
A proposta de distribución de resultados apróbase na xunta de accionistas que se celebra o 30 de
abril do ano seguinte (x+1). Nesa xunta tamén se acorda que o pago aos accionistas se fará efectivo
durante o mes de xullo.
a) Que asentos contables realizarías con relación á distribución de resultados do exercicio x no
libro diario do ano x?
b) Que asentos contables realizarías con relación á distribución de resultado no libro diario do
exercicio x+1?
c) Cal é o importe e os compoñentes do patrimonio neto da empresa despois da distribución do
resultado? (Supón que o patrimonio neto non variou por outros motivos.)
2. O patrimonio neto de LOMBA SA. a 31/12/x e que aparece no balance de situación da empresa
a esa data é o seguinte:
Patrimonio Neto
Capital 350.000
Reserva legal 30.000
Reserva voluntaria 40.000
Resultado negativo de exercicios anteriores -20.000
Resultado do exercicio x 100.000
Total patrimonio neto 500.000
Na memoria que elaborou a empresa conxuntamente co resto das contas anuais a esa data
aparece a seguinte proposta de distribución do resultado do ano x:
- Compensación das perdas de exercicios anteriores
- Reserva legal 10%
- Reserva voluntaria, o importe restante

abril do ano x+1.
d) Que asentos contables realizarías con relación á distribución de resultados do exercicio x no
libro diario do ano x?
e) E no libro diario do exercicio x+1?
f) Cal é o importe e os compoñentes do patrimonio neto da empresa despois da distribución do