TEMA 12: CÉLULA EUCARIOTA. O NÚCLEO
INTRODUCCIÓN
O núcleo é unha estrutura característica das células eucarióticas. Foi descuberto por
Robert Brown en 1831 e contén a información xenética, isto é, a información necesaria
para que se podan realizar as funcións celulares e, máis concretamente, a información para
a síntese das proteínas.
Só existe núcleo no estado de interfase celular, xa que durante a división da célula
desintégranse os seus límites (determiandos pola envoltura nuclear) e desaparece o núcleo
como estrutura definida. Fálase, non obstante, do núcleo mitótico ou meiótico (ou en
división) para definir a situación de progresiva condensación da cromatina, necesaria para
formar os cromosomas. Por tanto, salvo cando se fai referencia expresa á división celular ou
aos cromosomas, todas as demais consideración refírense ao núcleo interfásico.
O ADN das células eucariotas está separado do resto do citoplasma por unha envoltura ou
membrana nuclear que, de acordo coa teoría endosimbiótica da orixe a célula eucariota,
forma parte do sistema de endomembranas e que é unha consecuencia do proceso de
protección e compartimentación que experimenta o interior da célula hospedadora ao
albergar ao endosimbionte. Do núcleo, saen os ARNm coa información necesaria para a
síntese de todas as proteínas celulares, tanto as estruturais como as enzimáticas que
catalizan calquera proceso do metabolismo. Deste xeito o núcleo dirixe a función celular.
Normalmente ten forma esférica (aínda que pode ser polilobulado, ter contorno sinuoso,
etc.) e ocupa unha posición central dentro da célula (ou lateral nos adipocitos, ou basa nas
células epiteliais, etc.). O número de núcleo normalmente é so de un, aínda que hai células
polinucleadas que, segundo a sú orixe, poden ser de tipo sincitio (xorden da fusión de
varias células uninucleadas que non unen os seus núcleos) como é o caso das células
musculares estriadas ou de tipo plasmodio (formados por mitoses sucesivas sen
citocinese) como nalgúns protoctistas. Por regra xeral, o seu tamaño é proporcional ao
tamaño da célula. Hai casos excepcionais de células sen núcleo como os glóbulos
vermellos.
ESTRUTURA
O núcleo interfásico componse de membrana nuclear, xugo nuclear ou nucleoplasma,
ADN en forma de cromatina ou ben en cromosomas (segundo a fase do ciclo celular) e
nucléolo(s).
121
, Funcións do núcleo:
➔ Preservar o material xenético da célula.
➔ Replicación do ADN.
➔ Transcrición (expresión da IX).
➔ Maduración dos ARNs (expresión da IX).
➔ Ensamblaxe subunidades ribosomiais (en nucléolo).
1. A envoltura ou membrana nuclear.
É a estrutura que delimita o núcleo en interfase. Desorganízase ao comezo da división e
volve a formarse ao finalizar esta. É unha dobre membrana descontinua cuxos
compoñentes principais son: membrana externa e interna, espazo perinuclear e
complexos de poro.
122