100% satisfaction guarantee Immediately available after payment Both online and in PDF No strings attached 4.2 TrustPilot
logo-home
Summary

Summary resumen biología

Rating
-
Sold
-
Pages
8
Uploaded on
17-03-2021
Written in
2020/2021

Esta el tema de lípidos resumido entero

Institution
Course









Whoops! We can’t load your doc right now. Try again or contact support.

Written for

Institution
Secondary school
Study
Bachillerato
Course
School year
6

Document information

Uploaded on
March 17, 2021
Number of pages
8
Written in
2020/2021
Type
Summary

Subjects

Content preview

TEMA 4: LÍPIDOS

CONCEPTO E CLASIFICACIÓN

Son biomoléculas orgánicas formadas principalmente por: C,H, O e ás veces N, P e S.

Os lípidos constitúen un grupo ​heteroxéneo de substancias que só teñen en común a súa
insolubilidade en auga, sendo solubles en disolventes orgánicos (éter, cloroformo, acetona,
etc.). Isto débese á presenza de longas cadeas hidrocarbonadas, que carecen de
polaridade e polo tanto son hidrofóbicas.

En xeral este grupo de compostos desenvolven dúas grandes funcións nos seres vivos:
reserva ​enerxética a longo prazo (os enlaces C-H liberan moita enerxía cando se rompen
por oxidación); e ​función ​estrutual nas células (debido á súa insolubilidade forman
estrutura diferenciadas do medio acuoso). Porén realizan outras funcións.

Pola súa heteroxeneidade existen moitos criterios para a súa clasificación. O máis utilizado
e a posibilidade de saponificación, é dicir, se por hidrólese alcalina renden xabóns. Segundo
isto diferenciamos:


ACILGLICÉRIDOS:​ graxas neutras
SIMPLES CERAS
HIDROLIZABLES OU
SAPONIFICABLES FOSFOLÍPIDOS:​ Fosfoacilglicéridos e Esfingolípidos
COMPLEXOS
GLICOLÍPIDOS​: Gangliósidos e cerebrósidos

ESTEROIDES Esterol, vitaminas liposolubles, etc.
INSAPONIFICABLES
TERPENOIDES Caroteno, xantofila



ÁCIDOS GRAXOS

Son ácidos orgánicos (-COOH) de
cadea hidrocarbonada longa (entre
14 e 22 átomos de carbono en
número par) que se atopan
normalmente formando parte
doutros lípidos (non aparecen en
estado libre nas células).

A cadea hidrocarbonada pode ser
saturada​, se tódolos enlaces entre
carbonos son sínxelos, ou
insaturada se existen algún dobre
enlace.


25

, 1. Clasificación.

Segundo a presenza de dobres enlaces, os ácidos graxos clasifícanse en:

➔ Ácidos graxos saturados​, as cadeas dispóñense en zigzag, de xeito que a
molécula adquire unha forma regular alongada e poden aparecer forzas de Van der
Waals entre varias.
➔ Ácidos graxos insaturados​, presentan unha cadea que cambia de orientación
bruscamente en cada dobre enlace, orixinando unha estrutura heteroxénea (o
ángulo destes dobres enlaces é de 123º, fronte os 110º do enlace simple). Por isto,
os ácidos graxos insaturados teñen maior dificultade para aproximárense entre si,
con menos forzas de Van der Waals entre elas.

2. Propiedades.

As propiedades dos ácidos graxos dependen da ​lonxitude de cadea e do grao de
saturación​ das mesmas (tipo e posición dos enlaces que posúen).

➔ Ionizables​, a pH neutro o grupo carboxilo (-COOH) está ionizado (-COO​-​), polo que
é frecuente referirse a eles como as formas ionizadas: ​palmitato, oleato, etc​.
➔ Punto de fusión​, depende da lonxitude da cadea e do número de dobres enlaces
que presente. O punto de fusión dos ácidos graxos saturados é maior que o punto
de fusión dos insaturados. ¿Por que? Entre os ácidos graxos saturados, fórmanse
moitos enlaces por forzas de Van der Waals e as moléculas están moi
cohesionadas, polo que hai que subministrar maior enerxía para rompelos. No caso
dos ácidos graxos insaturados, ó existir menos enlaces Van der Waals hai que
subministrar menos enerxía para rompelos.
➔ Carácter anfipático​, como cacda ácido graxo ten un grupo carboxilo, con clara
tendencia a polarizarse ou incluso a ionizarse, esta zona da molécula ten afinidade
pola auga (hidrófila); mentres, a cadea alifática (hidrocarbonada) é totalmente
apolar, sendo rexeitada pola auga (hidrófoba). Este dobre comportamente ou
anfipatía fai que, en presenza de auga, as moléculas se dispoñan de forma que as
rexións polares se enfronten a auga e as apolares escapen dela. Fórmanse así:
◆ Películas superficiais sobre a auga, ​monocapa​.
◆ Esferas dunha soa capa constituíndo ​micelas​.
◆ Bicapa cando a ámbolos lados hai líquidos acuosos. Se adquiren aspecto
esférico denomínanse ​liposomas.​
➔ Isomería CIS-TRANS​, só nos ácidos graxos
insaturados. Cada dobre enlace na cadea
hidrocarbonada dá lugar a dúas posibilidades
estruturais ou isómeros ​cis-trans​. A maioría dos
ácidos graxos insaturados son de tipo ​cis.​

Exemplos​: O ​ácido palmítico é un ácido graxo saturado de
16 carbonos, abundante nas graxas animais e no cacao. O
ácido oleico​ é insaturado e ten 18 átomos de carbono.



26
$3.61
Get access to the full document:

100% satisfaction guarantee
Immediately available after payment
Both online and in PDF
No strings attached

Get to know the seller
Seller avatar
carlagg

Also available in package deal

Get to know the seller

Seller avatar
carlagg
Follow You need to be logged in order to follow users or courses
Sold
1
Member since
4 year
Number of followers
1
Documents
14
Last sold
4 year ago

0.0

0 reviews

5
0
4
0
3
0
2
0
1
0

Recently viewed by you

Why students choose Stuvia

Created by fellow students, verified by reviews

Quality you can trust: written by students who passed their tests and reviewed by others who've used these notes.

Didn't get what you expected? Choose another document

No worries! You can instantly pick a different document that better fits what you're looking for.

Pay as you like, start learning right away

No subscription, no commitments. Pay the way you're used to via credit card and download your PDF document instantly.

Student with book image

“Bought, downloaded, and aced it. It really can be that simple.”

Alisha Student

Frequently asked questions