FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN
GRAO DE PEDAGOXÍA
EDUCACIÓN E SOCIEDADE EN GALICIA
Prof. Vicente Peña Saavedra
ANO ACADÉMICO: 2018 - 2019
MUSEO DO POBO GALEGO
Barrio Corral, Nerea
CURSO: Primeiro
GRUPO INTERACTIVO: 01
1
, O día 3 de outubro fixen a visita ao Museo do Pobo Galego. Este museo foi creado en 1976
e as súas primeiras salas inauguráronse un ano máis tarde.
A sala da Sociedade organízase en varios epígrafes diferentes, que recollen información
diferente. Estes son:
ESPAZO E SOCIEDADE
A Galicia rural estaba organizada nunha estrutura piramidal formada pola casa, a aldea e a
parroquia.
A casa estaba acuñada polo apelido da familia que residía nela, dirixida por un patrucio ou
patrón. Na xunta parroquial, cada casa está representada co seu voto. Entre os elementos
que forman parte da casa, está o carro, que era o orgullo do seu propietario e gravaba no
xugo as marcas de propiedade, igual que no gando. No reparto do monte, a cada casa
correspondíalle unha parcela para o cultivo delimitado por varas. Estas casas estaban
defendidas por armas simbólicas ou obxectos relixiosos.
A caste é o conxunto de parentes, que se xuntaban en celebracións e en traballos como a
matanza do cocho ou a sega.
O territorio estaba organizado en concellos dirixidos por un alcalde e a cooperación
municipal, cuxa sede estaba na vila principal. Dentro destes concellos había aldeas, que
eran grupos de casas asentadas nun mesmo lugar; e parroquias, que eran conxuntos de
estaban coñecidas polo topónimo e o nome do seu
aldeas dirixidas por un pedáneo e
patrón, do que se celebraba unha vez ao ano a festa patronal organizada polos veciños.
Os mortos (a Compaña) forman parte da parroquia dos mortos e percorren polas noites os
camiños da parroquia, polo que os vivos fanlles misas para aliviarlles as penas.
As campás da igrexa parroquial comunicaban diferentes mensaxes; servían tanto de alarma
(lume, complicacións nun parto, morte dun veciño…), como de reclamo para a cooperación
dos veciños para algún traballo ou pola celebración dunha festa. Tamén marcaban o inicio
dun novo día, a hora de comer, ou o fin do traballo e o regreso á casa.
No referente á propiedade hai dous réximes diferentes: a privada e a comunal, que pertence
a todos os veciños e o seu aproveitamento faise por quendas e todos teñen a obriga de
manter e coidar esas terras.
Para repartir a herdanza (partillas) facíase entre todos os fillos de forma equitativa, pero, en
xeral, un deles (o fillo home máis vello) saía mellorado e chamábaselle o vinculeiro.
2