100% Zufriedenheitsgarantie Sofort verfügbar nach Zahlung Sowohl online als auch als PDF Du bist an nichts gebunden 4.2 TrustPilot
logo-home
Interview

Apuntes Biología 4º ESO Santillana Tema 4

Bewertung
-
Verkauft
-
seiten
8
Hochgeladen auf
30-11-2021
geschrieben in
2021/2022

Apuntes Biología 4º ESO Santillana Tema 4

Hochschule
Kurs









Ups! Dein Dokument kann gerade nicht geladen werden. Versuch es erneut oder kontaktiere den Support.

Schule, Studium & Fach

Hochschule
Mittelschule
Studium
ESO
Kurs
Schuljahr
4

Dokument Information

Hochgeladen auf
30. november 2021
Anzahl der Seiten
8
geschrieben in
2021/2022
Typ
Interview
Unternehmen
Unbekannt
Person
Unbekannt

Themen

Inhaltsvorschau

A estrutura dun ecosistema
A ecoloxía é a ciencia que estuda as relacións dos organismos entre si e co medio en que habitan. Ocúpase do
estudo dos ecosistemas. Un ecosistema comprende o conxunto de seres vivos e de factores ambientais que
existen nunha zona determinada e as relacións que se establecen entre eles.

Todo ecosistema esta constituído por dous compoñentes básicos: o biótopo e a biocenose. Nun ecosistema todos
os elementos están relacionados, é dicir, depender uns doutros.

O biótopo e o compoñente abiótico. E o lugar ou medio físico dun ecosistema e as súas propiedades fisco-
químicas Estas propiedades dependen de factores ambientais como a luz, a temperatura, a auga, a salinidade o
pH, a natureza do solo, etc.

A biocenose ou comunidade e o compoñente biótico dun ecosistema. É o conxunto de seres vivos (bacterias,
protistas, fungos, vexetais e animais) que habitan nun lugar determinado e as relacións que se establecen entre
eles.

Tamaño e límite dos ecosistemas
O tamaño dos ecosistemas é moi variable. Poden ser moi pequenos, como unha árbore caída, ou moi grandes,
como o deserto, o océano ou a ecosfera, que abrangue toda a Terra. Os ecosistemas poden englobarse uns
dentro doutros. En calquera caso, ningún está illado e sempre interacciona cos ecosistemas que o rodean.

Os límites entre ecosistemas denomínanse ecotóns. Son zonas de transición que adoitan estar determinadas por
cambios máis ou menos bruscos nas características do biótopo e das comunidades. Son arbitrarios e para
definilos pódense utilizar barreiras xeográficas, cambios nas formacións vexetais, no tipo de rocha, etc. Os
ecotóns presentan especies de ambos os ecosistemas e en ocasións especies propias.

Clasificación dos ecosistemas
Segundo o medio ou o lugar onde os seres vivos realizan as súas funcións, distínguense dous tipos:

 Acuáticos. Poden ser mariños e de auga doce, cada un con biótopos e biocenoses característicos.
 Terrestres. Segundo as condicións climáticas, diferéncianse tres grandes zonas en cada hemisferio: a fría,
desde os polos ata os círculos polares; a temperada, entre os círculos polares e os trópicos, e a cálida,
entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio.

Un bioma está constituído polas diversas zonas da Terra que comparten un clima, unha vexetación e unha fauna
semellante.

2. Factores abióticos e adaptacións
Os factores abióticos son as variables físico-químicas do medio que inflúen nos seres vivos dun ecosistema. Estes
factores determinan as características dos organismos que forman a biocenose.

Ao longo da evolución, os seres vivos desenvolveron características anatómicas, fisiolóxicas ou de
comportamento, chamadas adaptacións, que lles permiten sobrevivir no medio en que habitan. Os principais
factores ambientais abióticos son: a temperatura, a luz, a humidade do aire, a presión e a salinidade. Para cada un
deles, os organismos presentan diferentes adaptacións.

A temperatura
En ambientes terrestres, a temperatura pode presentar grandes variacións, tanto ao longo do ano coma do día,
mentres que nos acuáticos as diferenzas son máis pequenas.

A maioría dos organismos están limitados a temperaturas que oscilan entre -2 °C e 50 °C. Se se exceden estes
limites, poden morrer por conxelación ou por desnaturalización das proteínas. As plantas resisten mellor ca os
animais as temperaturas extremas e hai organismos, como as bacterias termófilas, que poden vivir nestas
condicións.

 Os animais ectotermos non son capaces de manter a temperatura corporal constante. Por iso, íllanse do
frío agachándose debaixo da terra ou en refuxios, ou reducindo o metabolismo en períodos fríos.

,  Os animais endotermos son capaces de manter a temperatura corporal constante. Teñen estruturas
illantes, como plumas, pelo, capa de graxa debaixo da pel, etc., que lles permite resistir o frío.

A humidade
A humidade do aire é o vapor de auga que existe no aire atmosférico. Todos os seres vivos dependen da auga
para vivir.

 A redución do tamaño das follas e o seu endurecemento son adaptacións das plantas ante a falta de auga.
Outras teñen raíces grandes e moi desenvolvidas que lles permiten acceder á auga situada en niveis
inferiores. Noutros casos presentan tecidos de acumulación, como os cactos.
 Algúns animais teñen cubertas impermeables que os protexen da perda de auga, como o exoesqueleto
dos artrópodos ou as escamas dos réptiles, outros presentan glándulas mucosas que manteñen a pel
húmida e outros producen unha urina semisólida e feces secas.

A luz
A luz é a fonte de enerxía que fai posible a fotosíntese. A cantidade de luz determina a localización dos seres
vivos. Nos ecosistemas acuáticos a luz penetra con maior dificultade ca nos terrestres. Por iso, as plantas e as
algas encóntranse principalmente nas capas superficiais.

Ademais, a duración do día afecta a moitos procesos, como a floración, a vixilia, o sono e os costumes dos
animais. Hai animais de hábitos nocturnos, como o bufo, e de hábitos diúrnos, como o lince.

 Hai plantas con follas grandes e aplanadas que captan mellor a luz. Outras oriéntanas cara á luz ou son
rubideiras.
 Os animais nocturnos teñen ollos grandes cos que poden aproveitar mellor a luz e ver na escuridade

A presión
Nos ecosistemas terrestres, a presión atmosférica diminúe ao aumentar a altura, e a cantidade de osíxeno é
menor. Por iso os animais que viven en zonas elevadas, como as llamas dos Andes, teñen mecanismos adaptativos
para poderen aproveitar mellor o osíxeno.

Nos ecosistemas acuáticos, a presión hidrostática aumenta a razón dunha atmosfera por cada 10 metros de
profundidade. Así, moitos peixes posúen vexiga natatoria que lles permite adaptarse ás diferentes presións e
poder flotar con facilidade. Outros, que viven a grandes profundidades, adoitan ser planos e non posúen vexiga
natatoria.

A salinidade
A salinidade é a cantidade de sales disoltos na auga. A súa concentración é moi elevada nos mares, entre 33 e 37
g/L, e moi baixa nas augas doces, menor de 5 g/L.

 Hai animais, como os equinodermos, que non poden regular a concentración interna de sales e só poden
poboar augas dunha salinidade concreta.
 Animais como o salmón e a anguía, que viven tanto no mar coma nos ríos, manteñen a concentración de
sales dos seus líquidos internos constante aínda que varíe a do medio.

3. Límites de tolerancia e factores limitantes
Para un determinado factor abiótico, cada especie presenta unha zona de tolerancia en que pode vivir. Esta zona
está definida por uns límites de tolerancia, de modo que por riba ou por baixo destes a supervivencia é máis difícil
e a poboación pode desaparecer.

Dentro da zona de tolerancia defínese unha zona óptima en que a especie medra máis rápido, deixa máis
descendencia e sobrevive mellor.

A forma destas curvas fronte a un determinado factor permite distinguir dous tipos de organismos:

 Organismos eurioicos. Poden vivir entre marxes moi amplas dos factores do medio. Presentan curvas
largas.
$8.39
Vollständigen Zugriff auf das Dokument erhalten:

100% Zufriedenheitsgarantie
Sofort verfügbar nach Zahlung
Sowohl online als auch als PDF
Du bist an nichts gebunden

Lerne den Verkäufer kennen
Seller avatar
diegoprez

Lerne den Verkäufer kennen

Seller avatar
diegoprez
Folgen Sie müssen sich einloggen, um Studenten oder Kursen zu folgen.
Verkauft
1
Mitglied seit
4 Jahren
Anzahl der Follower
1
Dokumente
10
Zuletzt verkauft
4 Jahren vor

0.0

0 rezensionen

5
0
4
0
3
0
2
0
1
0

Kürzlich von dir angesehen.

Warum sich Studierende für Stuvia entscheiden

on Mitstudent*innen erstellt, durch Bewertungen verifiziert

Geschrieben von Student*innen, die bestanden haben und bewertet von anderen, die diese Studiendokumente verwendet haben.

Nicht zufrieden? Wähle ein anderes Dokument

Kein Problem! Du kannst direkt ein anderes Dokument wählen, das besser zu dem passt, was du suchst.

Bezahle wie du möchtest, fange sofort an zu lernen

Kein Abonnement, keine Verpflichtungen. Bezahle wie gewohnt per Kreditkarte oder Sofort und lade dein PDF-Dokument sofort herunter.

Student with book image

“Gekauft, heruntergeladen und bestanden. So einfach kann es sein.”

Alisha Student

Häufig gestellte Fragen