100% tevredenheidsgarantie Direct beschikbaar na je betaling Lees online óf als PDF Geen vaste maandelijkse kosten 4.2 TrustPilot
logo-home
Interview

Apuntes Biología 4º ESO Santillana Temas 1 y 2

Beoordeling
-
Verkocht
1
Pagina's
7
Geüpload op
30-11-2021
Geschreven in
2021/2022

Apuntes Biología 4º ESO Santillana Temas 1 y 2

Instelling
Vak









Oeps! We kunnen je document nu niet laden. Probeer het nog eens of neem contact op met support.

Geschreven voor

Instelling
Middelbare school
Studie
ESO
Vak
School jaar
4

Documentinformatie

Geüpload op
30 november 2021
Aantal pagina's
7
Geschreven in
2021/2022
Type
Interview
Bedrijf
Onbekend
Persoon
Onbekend

Onderwerpen

Voorbeeld van de inhoud

Unidade 1
1. A orixe do sistema solar e da Terra
Segundo os astrónomos, o sistema solar comezou a formarse hai uns 5 000 m.a. no corazón dunha nebulosa,
unha gran nube fría de po cósmico e gas (principalmente, hidróxeno e helio), situada no extremo dun dos brazos
da nosa galaxia, a Vía Láctea.

A hipótese máis aceptada na actualidade sobre a orixe do Sol e do sistema solar coñécese como acreción
planetesimal.

1. Ao xirar sobre si mesma, a nebulosa comezou a contraerse, adquirindo forma de disco.
2. Por efecto da gravidade, no centro do disco concentrouse unha enorme masa de hidróxeno e helio, e a
súa temperatura foi en aumento ata iniciar as reaccións de fusión termonuclear que activaron o Sol.
3. Arredor daquel primitivo Sol gravitarían grandes cantidades de partículas sólidas, compostas
fundamentalmente por ferro, silicio, etc.
a. Estas partículas colidían entre elas por efecto da gravidade, dando lugar a estruturas cada vez
maiores, chamadas planetesimais.
4. Ao longo duns 400-450 m.a., fóronse formando os planetas:
a. Catro rochosos: Mercurio, Venus, Terra e Marte.
b. Catro formados principalmente por gases: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.
5. Entre os dous grupos de planetas localízase o cinto de asteroides, con pequenos e numerosos
planetoides, do que proceden gran parte dos meteoritos que coliden coa Lúa, coa Terra e co resto dos
planetas.

A Terra e os seus compoñentes
A Terra pode dividirse en catro compoñentes ou «esferas»: xeosfera, atmosfera, hidrosfera e biosfera. Cada unha
ten a súa propia entidade, pero entre elas existe un continuo intercambio de materia e enerxía.

 Xeosfera. Hai uns 4 500 m. a., a Terra debeu de ser unha gran bola de rocha fundida a causa de tres
procesos que xeraban calor:
o Os impactos de planetesimais durante a acreción.
o A desintegración de isótopos radioactivos, como o potasio-40 e o uranio-235.
o A diferenciación dos materiais en capas de densidade crecente debido á gravidade. O ferro, ao ser
o máis pesado, pasou a formar parte do núcleo metálico. Flotando sobre el quedaron os silicatos
de ferro e magnesio do manto, e sobre estes, os silicatos de aluminio, que formaron unha
delgada codia.
 Atmosfera e hidrosfera. Durante o proceso de diferenciación gravitacional desprendeuse unha gran
cantidade de gas. Os gases máis lixeiros, hidróxeno e helio, escaparon cara ao espazo exterior, mentres
que outros, como o dióxido de carbono e o vapor de auga, quedaron atrapados na codia, de onde
escapaban a través de fisuras, orixinando unha grande actividade volcánica que deu orixe á atmosfera
primitiva.
Posteriormente, a auga da atmosfera condensouse e as intensas chuvias inundaron as depresións da
superficie sólida, o que deu orixe á hidrosfera.
 Biosfera. A distancia ao Sol e as condicións físico-químicas, como a temperatura e a existencia de auga
líquida, favoreceron a presenza de vida na Terra.

Entre outras consecuencias, a actividade biolóxica influíu:

o Na osixenación da atmosfera.
o Na formación de solos.
o Na creación de grandes espesores de rochas, como as calcarias, xeradas a partir da precipitación
de carbonatos durante a formación de arrecifes de coral ou a acumulación de cunchas e
esqueletos de carbonato cálcico.

, 2. O estudo da estrutura interna da Terra.
Para estudar e coñecer o interior da Terra, os xeólogos recorren aos terremotos, tamén chamados sismos, da
mesma maneira que a medicina recorre a tecnoloxías como os raios X, escáneres ou ecografías.

Os terremotos son tremores de terra causados por sacudidas bruscas da codia terrestre, debidas ao súbito
desprazamento de grandes masas rochosas situadas en zonas de fractura ou fallas.

 A partir do punto de rotura, chamado hipocentro ou foco, propáganse vibracións en forma de ondas
sísmicas que forman frontes de ondas esféricas viaxando polo interior da Terra. Distínguense dous tipos
de ondas sísmicas: P e S.
 O punto da superficie terrestre a onde primeiro chegan estas ondas é o situado na vertical do foco, e
denominase epicentro; a partir del, xéranse as ondas superficiais causantes dos efectos catastróficos dos
terremotos.

Ondas primarias (P). Son as máis rápidas, polo que son as primeiras en chegar aos sismógrafos. As partículas
vibran na mesma dirección ca a onda mediante movementos de compresión e descompresión. Son capaces de
atravesar tanto materiais sólidos coma líquidos, aínda que a súa velocidade se reduce ao atravesar estes últimos.

Ondas secundarias (S). A súa velocidade é menor, polo que son rexistradas en segundo lugar polos sismógrafos.
As partículas vibran perpendicularmente á traxectoria da onda. Só se propagan a través de materiais sólidos, non
polos fluídos.

Denominase “zona de sombra” aquela en que determinadas ondas non se reciben.

Cando as ondas pasan dunha capa da Terra a outra de diferente composición química ou comportamento
dinámico, reflíctense ou refráctanse, dando como resultado cambios na velocidade e na dirección da súa
traxectoria.

Ao analizar os rexistros das ondas sísmicas, os sismólogos interpretan cal é o estado físico das capas (ríxido,
plástico ou fluído) e localizan a que profundidade se encontran as descontinuidades sísmicas ou separacións entre
as capas.

Modelo xeoquímico da estrutura interna da Terra
A partir do comportamento das ondas P e S no interior terrestre, a sismoloxía ofrécenos dous modelos ou
representacións deste. O primeiro, denominado modelo estático ou xeoquímico, céntrase na composición das
capas.

Desde a superficie cara ao interior, encontramos tres capas: codia. manto e núcleo, separadas entre si por tres
grandes descontinuidades sísmicas, que levan os nomes dos seus descubridores.
$8.39
Krijg toegang tot het volledige document:

100% tevredenheidsgarantie
Direct beschikbaar na je betaling
Lees online óf als PDF
Geen vaste maandelijkse kosten

Maak kennis met de verkoper
Seller avatar
diegoprez

Maak kennis met de verkoper

Seller avatar
diegoprez
Volgen Je moet ingelogd zijn om studenten of vakken te kunnen volgen
Verkocht
1
Lid sinds
4 jaar
Aantal volgers
1
Documenten
10
Laatst verkocht
4 jaar geleden

0.0

0 beoordelingen

5
0
4
0
3
0
2
0
1
0

Recent door jou bekeken

Waarom studenten kiezen voor Stuvia

Gemaakt door medestudenten, geverifieerd door reviews

Kwaliteit die je kunt vertrouwen: geschreven door studenten die slaagden en beoordeeld door anderen die dit document gebruikten.

Niet tevreden? Kies een ander document

Geen zorgen! Je kunt voor hetzelfde geld direct een ander document kiezen dat beter past bij wat je zoekt.

Betaal zoals je wilt, start meteen met leren

Geen abonnement, geen verplichtingen. Betaal zoals je gewend bent via iDeal of creditcard en download je PDF-document meteen.

Student with book image

“Gekocht, gedownload en geslaagd. Zo makkelijk kan het dus zijn.”

Alisha Student

Veelgestelde vragen