100% tevredenheidsgarantie Direct beschikbaar na je betaling Lees online óf als PDF Geen vaste maandelijkse kosten 4.2 TrustPilot
logo-home
Interview

TEMA 10 2 BACH RECURSOS MINERAIS

Beoordeling
-
Verkocht
-
Pagina's
10
Geüpload op
25-06-2023
Geschreven in
2022/2023

TEMA 10 RECURSOS ENERXETICOS CTMA E MINERAIS 2 BACH

Instelling
Vak









Oeps! We kunnen je document nu niet laden. Probeer het nog eens of neem contact op met support.

Geschreven voor

Instelling
Middelbare school
Studie
Bachillerato
Vak
School jaar
2

Documentinformatie

Geüpload op
25 juni 2023
Aantal pagina's
10
Geschreven in
2022/2023
Type
Interview
Bedrijf
Onbekend
Persoon
Onbekend

Onderwerpen

Voorbeeld van de inhoud

TEMA 10. RECURSOS MINERAIS E ENERXÉTICOS
1 RECURSOS MINERAIS
A nosa sociedade necesita un fluxo continuo de materias primas en- Recurso: Cantidade total
tre as que destacan os recursos minerais. existente dun determi-
É importante destacar que os minerais constitúen un recurso non nado mineral ou rocha.
renovable e que a súa explotación pode dar lugar ó seu esgotamento.
Reserva: Parte dun re-
curso que pode ser explo-
tada nas condicións tecno-
lóxicas actuais.
1.1 RECURSOS MINERAIS EN GALICIA

1.1.1 Minerais metálicos
Ouro, ferro, estaño ou volframio son metais que nalgún momento da historia foron extraídos do
solo de Galicia. Non obstante, agás o volframio que volveu a explotarse parcialmente, a maior parte dos
xacementos son inviables por esgotamento ou o elevado custo da súa extracción.

1.1.2 Minerais non metálicos
 Cuarzo. Existen diversas explotacións deste mineral situadas sobre filóns que enchen fracturas. Entre
as explotacións está a do Pico Sacro, nas proximidades de Santiago.
 Caolín. Constituído polo mineral caolinita, procede da meteorización do granito. Entre outros lugares
explótase en Vimianzo (A Coruña).

1.1.3 Rochas non enerxéticas
 Granitos. Galicia conta con grandes reservas e variedades de material granítico. Explótanse baixo di-
versos nomes comerciais: Rosa Porriño, Gris Perla, Albero, Mondariz, etc. Entre as zonas de explota-
ción destacan Porriño ou Caldas de Reis en Pontevedra ou Baltar en Ourense. O seu destino funda-
mental é a construción.
 Lousas. Existen grandes xacementos de lousas que se estenden pola parte oriental de Galicia, como
é o caso da comarca de Valdeorras. A aplicación fundamental é para os tellados.
 Arxilas. Os seus xacementos sitúanse nas concas terciarias e cuaternarias distribuídas por toda Gali-
cia. Podemos destacar as canteiras de Porriño-Tui.
 Gravas e areas. Os seus depósitos son moi abundantes en Galicia. Son principalmente de orixe flu-
vial, presentándose nos aluvións dos principais ríos: Tambre, Ulla, Miño, Lérez, etc. Úsanse para cons-
trución.

1.1.4 Combustibles fósiles
Existen xacementos de carbón (de baixa calidade chamado lignito) en As Pontes e Meirama, que
alimentaban ambas centrais térmicas. Na actualidade as dúas están esgotadas.

1.2 ACTIVIDADE MINEIRA E MEDIO AMBIENTE
A minería causa graves impactos no medio que podemos resumir en:
 Impactos sobre a atmosfera. Contaminación por partículas sólidas, po e gases, así como contamina-
ción sonora pola maquinaria empregada e polas voaduras.
 Impactos sobre as augas. Contaminación de augas superficiais por escorrentía, arrastre de partículas
sólidas, elementos tóxicos, etc. Contaminación de acuíferos por aceites, hidrocarburos, etc.
 Impactos sobre a flora e a fauna. Consecuencia da eliminación do solo ou da eliminación directa de
cuberta vexetal e de fauna.
 Impactos sobre a paisaxe. Alteración morfolóxica e perturbación con carácter global da paisaxe.
 Impactos sobre o ambiente sociocultural. Alteración de zonas significativas, aumento da densidade
de tráfico, etc.

Para evitar estes efectos na contorna e tomar alternativas respecto do consumo crecente, pódense
adoptar unha serie de actitudes:
 Diminución da extracción por incremento da eficiencia no procesado do mineral e na fabricación de
bens de consumo.

1

,  Proceder ó reciclaxe ou á segunda fusión.
 Substituír minerais en fase de esgotamento por outras substancias máis abondosas.

2 RECURSOS ENERXÉTICOS
A enerxía podemos definila como a capacidade de producir un traballo, é dicir, facer que os siste-
mas funcionen. Aínda que existen diferentes formas de enerxía (luminosa, térmica, nuclear, etc.) non todas
teñen a mesma capacidade de producir traballo, polo que non todas teñen a mesma calidade. Así o petró-
leo e a electricidade son enerxías moi concentradas, mentres que a calor almacenada nos océanos está
moi dispersa.

2.1 SISTEMAS ENERXÉTICOS
Denomínase sistema enerxético ó conxunto de procesos realizados sobre a enerxía desde as súas
fontes orixinarias ata os seus usos finais. En xeral, as fases dun sistema enerxético serán as seguintes:
 Captura ou extracción da enerxía primaria (por exemplo, a perforación dun pozo petrolífero).
 Transformación en enerxía secundaria (por exemplo, refinería de petróleo).
 Transporte dos recursos enerxéticos secundarios ata o lugar da súa utilización (exemplo, transporte
de gasolina).
 Consumo de enerxía secundaria (uso do automóbil).

A medida que a enerxía vai avanzando polo sistema vai tamén sufrindo transformacións en outras
formas ata o seu uso final. Cada proceso de conversión implica unha perda inevitable desa enerxía redu-
cindo a eficiencia do sistema en conxunto (canto máis longo o sistema enerxético menos enerxía chega ó
final do mesmo).

2.2 FONTES DE ENERXÍA
En función da súa taxa de renovación podemos diferenciar os seguintes tipos de enerxía:
 Renovables. Son aquelas que se explotan a unha velocidade máis lenta cá da súa formación.
Enerxía solar
Enerxía hidráulica
Enerxía eólica
Enerxía maremotriz
Enerxía xeotérmica
 Parcialmente ou potencialmente renovables. Son renovables sempre que a súa xestión e explota-
ción non supere a capacidade de rexeneración.
Enerxía da biomasa
 Non renovables. Son aquelas que se explotan a un ritmo superior ó da súa formación.
Combustibles fósiles
Minerais radioactivos

2.2.1 Combustibles fósiles
Orixínanse a partir da descomposición de seres vivos que quedaron enterrados hai millóns de
anos. O seu procesado e utilización provoca importantes problemas de contaminación do aire (pola súa
combustión) e das augas (polo seu transporte).
Por seren un recurso non renovable, inevitablemente deberán ser substituídos no futuro por ou-
tras fontes de enerxía.

Carbón. Orixinouse pola acumulación de restos vexetais en ambientes acuáticos de escasa fondura (pan-
tanos, lagos, etc.) que por acción bacteriana sufriron un proceso de carbonización.
A explotación pode realizarse a ceo aberto (as máis superficiais) ou en explotacións subterráneas
(as máis profundas). As primeiras producen un maior impacto ambiental, aínda que as segundas
xeran grandes vertedoiros de estériles.




2
€5,49
Krijg toegang tot het volledige document:

100% tevredenheidsgarantie
Direct beschikbaar na je betaling
Lees online óf als PDF
Geen vaste maandelijkse kosten

Maak kennis met de verkoper
Seller avatar
sofiafernandez

Maak kennis met de verkoper

Seller avatar
sofiafernandez
Volgen Je moet ingelogd zijn om studenten of vakken te kunnen volgen
Verkocht
0
Lid sinds
2 jaar
Aantal volgers
0
Documenten
11
Laatst verkocht
-

0,0

0 beoordelingen

5
0
4
0
3
0
2
0
1
0

Recent door jou bekeken

Waarom studenten kiezen voor Stuvia

Gemaakt door medestudenten, geverifieerd door reviews

Kwaliteit die je kunt vertrouwen: geschreven door studenten die slaagden en beoordeeld door anderen die dit document gebruikten.

Niet tevreden? Kies een ander document

Geen zorgen! Je kunt voor hetzelfde geld direct een ander document kiezen dat beter past bij wat je zoekt.

Betaal zoals je wilt, start meteen met leren

Geen abonnement, geen verplichtingen. Betaal zoals je gewend bent via iDeal of creditcard en download je PDF-document meteen.

Student with book image

“Gekocht, gedownload en geslaagd. Zo makkelijk kan het dus zijn.”

Alisha Student

Veelgestelde vragen