100% tevredenheidsgarantie Direct beschikbaar na je betaling Lees online óf als PDF Geen vaste maandelijkse kosten 4.2 TrustPilot
logo-home
Interview

Apuntes Biología 4º ESO Santillana

Beoordeling
-
Verkocht
-
Pagina's
7
Geüpload op
30-11-2021
Geschreven in
2021/2022

Apuntes Biología 4º ESO Santillana

Instelling
Vak









Oeps! We kunnen je document nu niet laden. Probeer het nog eens of neem contact op met support.

Geschreven voor

Instelling
Middelbare school
Studie
ESO
Vak
School jaar
4

Documentinformatie

Geüpload op
30 november 2021
Aantal pagina's
7
Geschreven in
2021/2022
Type
Interview
Bedrijf
Onbekend
Persoon
Onbekend

Onderwerpen

Voorbeeld van de inhoud

APUNTES BIOLOGÍA
Carácter hereditario. Característica morfolóxica, estrutural ou fisiolóxica presente nun ser vivo
e transmisible á descendencia.
Xene. Termo creado por Johannsen en 1909 para definir a unidade estrutural e funcional de
transmisión xenética. Un xene é un fragmento de ADN que leva codificada a información para
a síntese dunha determinada proteína.
Xenotipo. O xenotipo é o conxunto de xenes que posúe un individuo (AA, Aa ou aa), a metade
dos cales é dun dos seus proxenitores, e a outra metade, do outro. Permanece constante ao
longo da súa vida e é idéntico en todas as células do organismo.
Fenotipo. O fenotipo é o conxunto das calidades físicas observables nun organismo, xa sexan
anatómicas, fisiolóxicas ou de comportamento, como por exemplo, a cor dunha flor, te os ollos
claros, ser dun determinado grupo sanguíneo, etc. Pode variar durante a vida do organismo, xa
que o medio natural inflúe na expresión dos xenes. Por exemplo, nas persoas, a cor da pel
depende dos xenes recibidos e da exposición ao sol. Polo tanto, o fenotipo é a interacción do
xenotipo e diversos factores ambientais.
Alelos. Termo incluído por Bateson en 1902 para indicar as distintas formas que pode
presentar un determinado xene.
Homocigoto ou de raza pura. Individuo que posúe dous alelos idénticos para o mesmo
carácter.
Heterocigoto ou híbrido. Individuo que ten dous alelos distintos para o mesmo carácter.
Cando un organismo é heterocigótico ou hibrido para un só carácter, denomínase
monohíbrido (Aa); se o é para dous, dihíbrido (AaBb); para tres, trihíbrido (AaBbCc), e para
máis de tres, polihíbrido.
Xene ou alelo dominante. Xene que impide que se manifeste a acción doutro alelo distinto
para o mesmo carácter.
Xene ou alelo recesivo. Xene que só manifesta a súa acción en ausencia dun alelo dominante,
é dicir, unicamente aparece no fenotipo si se atopa en homocigose.
Xenes ou alelos codominantes. Alelos para o mesmo carácter que posúen idéntica capacidade
para expresarse; cando se atopan xuntos no mesmo individuo, se manifesta a acción de ambos
os dous.

Mendel e o estudo da herdanza
A herdanza é o proceso polo cal se transmiten as características biolóxicas dos organismos á
súa descendencia. Cada unha desas características é un carácter hereditario.
Gregor Mendel, un monxe agostiño, quería saber como se transmitían os caracteres dunha
xeración a outra. Para investigalo, utilizou como material o chícharo común, que cultivou na
horta do mosteiro onde vivía. A elección desta planta resultou ideal por varios motivos:
 É unha planta fácil de cultivar e de crecemento rápido, polo que en pouco tempo
pódense estudar varias xeracións.
 Presenta variedades con sete características facilmente observables, que se presentan
en dúas formas.
 Permite controlar a súa polinización, xa que as flores son hermafroditas. Desta forma,
os chícharos poden tanto autofecundarse como realizar unha fecundación cruzada de
maneira artificial.

1

, O método empregado por Mendel, innovador para a época, non só se baseaba na
observación, senón na utilización do método científico. Un dos acertos de Mendel foi
estudiar un carácter determinado, ou dous, como moito, en cada experimento.
Deseñounos moi coidadosamente, recolleu moitos datos, estudou a descendencia tras
varias xeracións e utilizou a análise matemática para demostrar que os resultados obtidos
eran coherentes coa súa hipótese. Publicou as súas investigacións en 1886.

Xenes e alelos
Wilhelm L. Johannsen designou o “factor hereditario” de Mendel co termo xene. Un xene é
un fragmento de ADN que controla un determinado carácter, como a cor da semente do
chícharo. Polo tanto, a xenética é a ciencia que se encarga do estudo da herdanza biolóxica
e, para isto, estuda como actúan os xenes e como se transmiten á descendencia.
Un cromosoma contén moitos xenes diferentes. Cada xene, determinante para un
carácter, encóntrase situado ao longo de cada un dos cromosomas. Estes xenes localízanse
sempre no mesmo lugar no par de cromosomas homólogos. A este lugar que ocupa un
xene ao longo dun cromosoma chámaselle locus (loci en plural).
Cada unha das alternativas que pode presentar un xene denomínase alelo ou alelomorfo.
Por exemplo, para o carácter cor da semente do chícharo, hai dous alelos: o que determina
para a cor verde e o que o fai para a amarela.
Os xenes represéntanse por unha parella de letras iguais, unha para cada un dos alelos:
 O alelo que se manifesta, aínda que o outro leve información diferente, é o
dominante e desígnase cunha letra maiúscula.
 O alelo que só se expresa cando o outro é igual, o recesivo, desígnase cunha letra
minúscula.

As leis de Mendel
A partir dos traballos de Mendel e os avances en citoloxía e xenética, enúncianse as Leis de
Mendel ou principios básicos da herdanza.

Principio da uniformidade
Mendel comezou cruzando liñas puras de chícharo que se diferenciaban por un só carácter:
por exemplo, chícharos con sementes lisas e con sementes rugosas. Ao realizar varios cruces,
observou que todos os descendente da primeira xeración filiar (F 1) eran iguais: tiñan sementes
lisas. O mesmo sucedía con outros seis caracteres elixidos por Mendel.
A primeira lei de Mendel establece que, cando se cruzan dous individuos de liñas puras para
un determinado carácter, toda a descendencia resultante está formada por individuos
heterocigóticos ou híbridos que presentan uniformidade, é dicir, son iguais tanto no xenotipo
coma no fenotipo.

Principio da segregación
Mendel cruzou os monohíbridos da F1 resultantes do cruce dunha planta de semente lisa e
unha de semente rugosa, e comprobou que na F2 reaparecían os caracteres recesivos: a planta
con semente rugosa, que semellaba ter desaparecido, volvíase a manifestar. Isto era debido a
que na primeira xeración so se presentara un dos caracteres, o dominante.
Na segunda xeración, os alelos pódense volver a combinar independentemente, e aparecerán
nunha proporción 3:1.




2
€6,99
Krijg toegang tot het volledige document:

100% tevredenheidsgarantie
Direct beschikbaar na je betaling
Lees online óf als PDF
Geen vaste maandelijkse kosten

Maak kennis met de verkoper
Seller avatar
diegoprez

Maak kennis met de verkoper

Seller avatar
diegoprez
Volgen Je moet ingelogd zijn om studenten of vakken te kunnen volgen
Verkocht
1
Lid sinds
4 jaar
Aantal volgers
1
Documenten
10
Laatst verkocht
4 jaar geleden

0,0

0 beoordelingen

5
0
4
0
3
0
2
0
1
0

Recent door jou bekeken

Waarom studenten kiezen voor Stuvia

Gemaakt door medestudenten, geverifieerd door reviews

Kwaliteit die je kunt vertrouwen: geschreven door studenten die slaagden en beoordeeld door anderen die dit document gebruikten.

Niet tevreden? Kies een ander document

Geen zorgen! Je kunt voor hetzelfde geld direct een ander document kiezen dat beter past bij wat je zoekt.

Betaal zoals je wilt, start meteen met leren

Geen abonnement, geen verplichtingen. Betaal zoals je gewend bent via iDeal of creditcard en download je PDF-document meteen.

Student with book image

“Gekocht, gedownload en geslaagd. Zo makkelijk kan het dus zijn.”

Alisha Student

Veelgestelde vragen