100% tevredenheidsgarantie Direct beschikbaar na je betaling Lees online óf als PDF Geen vaste maandelijkse kosten 4.2 TrustPilot
logo-home
Interview

Apuntes Biología 4º ESO Santillana Temas 2 y 3

Beoordeling
-
Verkocht
-
Pagina's
8
Geüpload op
30-11-2021
Geschreven in
2021/2022

Apuntes Biología 4º ESO Santillana Temas 2 y 3

Instelling
Vak









Oeps! We kunnen je document nu niet laden. Probeer het nog eens of neem contact op met support.

Geschreven voor

Instelling
Middelbare school
Studie
ESO
Vak
School jaar
5

Documentinformatie

Geüpload op
30 november 2021
Aantal pagina's
8
Geschreven in
2021/2022
Type
Interview
Bedrijf
Onbekend
Persoon
Onbekend

Onderwerpen

Voorbeeld van de inhoud

Tectónica e relevo
4.- Interacción da dinámica interna e a externa. O ciclo das rochas
A dinámica terrestre dispón dun eficiente sistema de reciclaxe das placas litosféricas. Este proceso, en que
participan as forzas internas e as forzas externas do planeta, orixina o relevo, modélao e finalmente destrúeo. As
diferentes partes deste proceso poderían resumirse do seguinte xeito:

 Creación do relevo. A dinámica interna, a través das correntes de convección do manto, transporta
materiais desde as zonas profundas ata a superficie do planeta. Este proceso produce o fenómeno do
vulcanismo e tamén impulsa o movemento e a colisión das placas tectónicas. Nas zonas de colisión
fórmanse oróxenos, que dan lugar ao relevo. Debido á isostase, estes relevos poden afundirse ou
levantarse.
 Modelaxe. Os axentes xeolóxicos externos, entre os que destacan o vento, a auga, o xeo e mais a
actividade dos seres vivos, exercen unha grande influencia sobre o terreo. Estes axentes participan na súa
modelaxe, tendendo a igualar a superficie terrestre, eliminando relevos por erosión e colmatando de
materiais as zonas baixas, denominadas concas sedimentarias.
 Destrución das placas. Nas foxas oceánicas ten lugar o proceso de subdución, polo que as placas se
afunden, debido á gravidade, ata as zonas profundas. Con todo, a tectónica de placas creará novos
relevos noutros lugares.

Ciclo da rochas
Ao longo do proceso de formación e destrución do relevo terrestre, prodúcese o ciclo das rochas. Estas poden
clasificarse en tres grandes grupos: sedimentarias, metamórficas e magmáticas.

O ciclo das rochas é un proceso que necesita da acción conxunta das dinámicas interna e externa.

Os materiais transfórmanse nos distintos tipos de rochas, mediante diferentes procesos físico-químicos, como a
diaxénese, o metamorfismo ou a consolidación do magma.

Os diferentes tipos de rochas, á súa vez, acabarán fragmentándose en materiais máis finos (meteorización e
erosión), que serán transportados por diversos axentes externos, como o vento e a auga, e acumularanse nas
concas sedimentarias (sedimentación).

1. A alteración das rochas comeza coa meteorización, que orixina fragmentos de rocha máis finos. Este
material pode ser retirado da “rocha nai” polos axentes da dinámica externa, co que se produce a
erosión.
2. Os produtos da erosión son transportados ata as concas sedimentarias, onde se depositan e acumulan.
Por efecto do propio peso dos sedimentos, as concas sofren subsidencia, é dicir, afúndense.
3. O aumento de presión e de temperatura, debido ao gradiente xeotérmico, compacta e cementa os
sedimentos, un proceso denominado diaxénese, que dá orixe ás rochas sedimentarias
4. A medida que as rochas sedimentarias alcanzan zonas máis profundas, prodúcese un aumento de presión
e de temperatura, que as transforma, sen chegar a fundilas Este proceso denominase metamorfismo e dá
lugar ás rochas metamórficas.
5. Ao alcanzar unha determinada profundidade, os materiais rochosos de calquera tipo fúndense formando
magmas A súa elevada temperatura e os gases que conteñen rebaixan a súa densidade e favorecen o
ascenso cara à superficie terrestre. Isto xera intrusións de magma que atravesan as rochas sólidas que o
rodean.
6. Un arrefriamento lento, no interior da codia, forma plutóns ou batólitos, que darán lugar a rochas como o
granito.
7. Un arrefriamento rápido do magma sobre a superficie terrestre, forma coadas de lavas ou rochas
volcánicas.

, 5. Pregamentos
As rochas da codia terrestre están sometidas a continuos esforzos, tanto de compresión coma de distensión e
cizalla. Tendo en conta a duración e intensidade destas forzas e as condicións de presión e temperatura ás que
están sometidas, así como á composición e as características físico-químicas, as rochas poden experimentar tres
tipos de deformacións:

 Elásticas. Son deformacións reversibles en que, cando cesa a forza, o material recupera a súa forma
inicial. Os terremotos producen este tipo de deformacións nas rochas cando vibran pola acción das ondas
sísmicas.
 Plásticas. Son deformacións irreversibles que experimentan as rochas como consecuencia de estar
sometidas a intensas forzas de compresión ao longo de millóns de anos.
 Fráxiles. Son deformacións irreversibles que se producen cando os materiais son ríxidos e os esforzos
aos que están sometidos, xa sexan de comprensión ou distensión, superan a súa capacidade de
deformarse de forma elástica ou plástica. Nestes casos rochas fractúranse.

Os pregamentos
Os pregamentos son deformacións plásticas das rochas producidas ao experimentar durante moito tempo
intensas forzas de compresión.

Para poder comprender mellor os procesos que os orixinaron, é necesario identificar as súas partes.

Elementos dun pregamento

 Plano axial. Plano imaxinario que divide o pregamento en dúas partes, deixando un flanco a cada lado.
Comprende todas as liñas de charneiras.
 Flancos. Zonas laterais de cada pregamento, situadas a ambos os lados da súa charneira.
 Liña de charneira. Liña imaxinaria que une os puntos de maior curvatura.
 Charneira. É o punto en que cada capa ou estrato que forma o pregamento presenta maior curvatura.
 Núcleo. Parte central interna do pregamento.

Tipos de pregamentos.
Os pregamentos clasifícanse de forma xeral en dous tipos básicos: anticlinais e sinclinais.

 Nos anticlinais as capas máis antigas sitúanse no núcleo e as máis modernas envolven o resto.
Identifícanse de forma fácil porque a miúdo teñen forma de A.
 Nos sinclinais as capas máis modernas sitúanse no núcleo do pregamento e as máis antigas envolven o
resto. Identifícanse porque a miúdo adoitan encontrarse con forma de val ou de V.

Os pregamentos anticlinais e sinclinais poden ser de diferentes tipos segundo sexa a posición do plano axial.

 Recto ou simétrico. O plano axial é vertical, polo que ambos os flancos son simétricos.
 Inclinado ou deitado. O plano axial forma un ángulo <45° con respecto á vertical.
 Xeonllo. O plano axial forma un ángulo de 45°coa vertical. Os flancos quedan rectos.
 Deitado ou recumbente. O plano axial é case perpendicular con respecto á vertical.

6. Diáclases e fallas
Cando as rochas non poden absorber os esforzos a que son sometidas, rompen. As fracturas son deformacións
fráxiles das rochas e poden producirse como consecuencia de calquera tipo de forzas, xa sexan de compresión, de
distensión ou de cizalla. Ademais, poden medir desde milímetros a miles de quilómetros.

Podemos distinguir dous tipos principais de fracturas:

 As diáclases son fracturas das rochas en que os fragmentos non se desprazan, senón que se manteñen na
súa posición inicial. As diáclases tectónicas adoitan producirse sobre rochas consolidadas sometidas a
esforzos.
 As fallas son fracturas das rochas con desprazamento ou dislocación dun bloque respecto a outro.
Normalmente estas fracturas veñen acompañadas de terremotos de distinta intensidade.
€6,99
Krijg toegang tot het volledige document:

100% tevredenheidsgarantie
Direct beschikbaar na je betaling
Lees online óf als PDF
Geen vaste maandelijkse kosten

Maak kennis met de verkoper
Seller avatar
diegoprez

Maak kennis met de verkoper

Seller avatar
diegoprez
Volgen Je moet ingelogd zijn om studenten of vakken te kunnen volgen
Verkocht
1
Lid sinds
4 jaar
Aantal volgers
1
Documenten
10
Laatst verkocht
4 jaar geleden

0,0

0 beoordelingen

5
0
4
0
3
0
2
0
1
0

Recent door jou bekeken

Waarom studenten kiezen voor Stuvia

Gemaakt door medestudenten, geverifieerd door reviews

Kwaliteit die je kunt vertrouwen: geschreven door studenten die slaagden en beoordeeld door anderen die dit document gebruikten.

Niet tevreden? Kies een ander document

Geen zorgen! Je kunt voor hetzelfde geld direct een ander document kiezen dat beter past bij wat je zoekt.

Betaal zoals je wilt, start meteen met leren

Geen abonnement, geen verplichtingen. Betaal zoals je gewend bent via Bancontact, iDeal of creditcard en download je PDF-document meteen.

Student with book image

“Gekocht, gedownload en geslaagd. Zo eenvoudig kan het zijn.”

Alisha Student

Veelgestelde vragen