FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN
ANTROPOLOXÍA DA EDUCACIÓN
PORTFOLIO CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIO
1º PEDAGOXÍA
Prof. Dr. MIGUEL ANXO SANTOS REGO
Prof. Dr. ALEXANDRE SOTELINO LOSADA
Prof. ÍGOR MELLA NÚÑEZ
Barrio Corral, Nerea
CLIS_01
, - Introducción:
Para comezar, debemos definir o termo “Antropoloxía”. Isto é, segundo a Real Academia
Española: “Estudio de la realidad humana” ou ben, “Conjunto de ciencias que estudian los
aspectos biológicos, culturales y sociales del ser humano”.
Ademais, definimos a “Antropoloxía da Educación”:
La Antropología de la Educación es una disciplina científica de reciente aparición que
forma parte de algunos planes de estudio de las carreras destinadas a formar profesionales
de la educación. Desde su inicio se ha configurado siguiendo principalmente dos enfoques:
una Antropología de la educación con un método empírico y una Antropología de la
educación con un método filosófico. (Martínez de Soria, 2006)
Neste portfolio das clases interactivas de Antropoloxía da Educación, explicarase o contido
de cada unha delas.
As sesións son as seguintes: “A Cultura”, que foi exposta polo profesor Miguel Anxo Santos
Rego por ser a primeira clase interactiva; “Cultura e Educación en Galicia: Mitos e Ritos”;
“Cultura, Moda e Consumo”; “A dimensión antropolóxico-educativa do xogo”; “A Poiesis
lúdica: os xoguetes”; “A Familia hoxe: retos antropolóxico-educativos”; “Contos e Narrativas
populares”; “A Antropoloxía educativa da imaxe: Fotografía”; “Antropoloxía educativa do
territorio”; “Identidade e Diversidade: Etnias e Pobos”.
Por último, farase unha pequena conclusión de todas as clases interactivas e do conxunto
do traballo.
1
, 1. Sesión 18-09-2018: A Cultura
Na sesión de hoxe estivemos a falar sobre a definición de cultura e todos os termos
relacionados con ela.
Comezamos falando de que os seres humanos somos o obxecto central da Antropoloxía,
pero tamén somos seres creadores de cultura (o suxeito), é dicir, que a Antropoloxía non só
fala sobre o ser humano, senón que é o mesmo ser humano o que investiga e obtén
información sobre el mesmo e a súa comunidade conxunta. As grandes preguntas xorden do
contacto das persoas coa natureza, o que provoca un misterio e unha incerteza que se
intentarán explicar por medio de crenzas en algo sobrenatural que intente dar xeito ao que
non se sabe.
Os seres humanos temos unha dobre condición: a de seres biolóxicos e a de seres culturais.
Á parte tamén somos seres educables. Isto quere dicir que hai circunstancias que nos
moldean, o que ten que ver coa cultura.
Todas as persoas temos uns esquemas culturais e seguimos uns esquemas
predeterminados que van cambiando co paso do tempo.
Podemos observar tamén a visión do ser humano como un ser simbólico, é dicir, como un
ser que utiliza a simboloxía para intentar comprender o mundo que o rodea; e tamén como
un individuo que utiliza dimensións sígnicas que lle permiten asociar e poñerse en alerta ou
en sensación de alivio por medio de signos dependendo da súa forma.
A cultura non se pode entender estaticamente, xa que a cultura cambia co paso do tempo e
coa evolución do ser humano.
A forma evolutiva do ser humano na parte biolóxica é o xene, e na parte cultural é o meme,
o que vai definindo formas de ser, estar, comprender… Cando algo non encaixa con elas,
alertámonos pola contraposición.
Isto trae consigo as cuestións identitarias, que son cuestións emocionais antes que racionais
e son as que tocan a febra sensible.
As metáforas son un mecanismo de comunicación que permite o enganche ao que se está a
dicir e, ás veces, son perfectas.
2