100% de satisfacción garantizada Inmediatamente disponible después del pago Tanto en línea como en PDF No estas atado a nada 4.2 TrustPilot
logo-home
Entrevista

TEMA 11 RESIUDUOS CTMA

Puntuación
-
Vendido
-
Páginas
8
Subido en
25-06-2023
Escrito en
2022/2023

TEMA 11 RESIDUOS CTMA 2 BACH










Ups! No podemos cargar tu documento ahora. Inténtalo de nuevo o contacta con soporte.

Escuela, estudio y materia

Institución
Escuela secundaria
Estudio
Bachillerato
Año escolar
2

Información del documento

Subido en
25 de junio de 2023
Número de páginas
8
Escrito en
2022/2023
Tipo
Entrevista
Empresa
Desconocido
Personaje
Desconocido

Vista previa del contenido

TEMA 11. RESIDUOS URBANOS
1 CONCEPTO DE RESIDUO. A PROBLEMÁTICA DOS RESIDUOS
Defínese como residuo todo material resultante dun proceso de fabricación, transformación,
utilización, consumo ou limpeza, cando o seu posuidor ou produtor o destina ó abandono.
As sociedades actuais caracterízanse por unha
elevada xeración de residuos motivada pola alta produción A economía circular (por contra da
de bens de consumo. Moitos dos produtos teñen unha vida economía lineal) ten como obxectivo
moi curta ou carecen de utilidade, como é o caso dos manter o valor dos produtos,
envases e obxectos de "usar e tirar". A xestión dos materiais e recursos durante o maior
residuos é especialmente grave no caso daqueles de difícil tempo posible, reducindo ó mínimo a
descomposición ou os nocivos para o ser humano e o xeración de residuos e procurando
medio ambiente. pechar o seu ciclo dentro dunha
economía sostible.
1.1 RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS
Os residuos sólidos urbanos (RSU) teñen unha composición heteroxénea, con materiais
diversos que se agrupan segundo a súa natureza en:
 Inertes (vidros, metais, etc).
 Fermentables (materia orgánica procedente de
restos de alimentos).
 Combustibles (papeis, cartóns, madeira,
plásticos, gomas,..).
 Tóxicos e perigosos (pilas,..).




1.2 RESIDUOS SANITARIOS
Os residuos sanitarios xéranse neste tipo de centros (hospitais, clínicas, etc) e en
laboratorios farmacéuticos. Pódense clasificar en:
 Residuos sanitarios asimilables a urbanos.
 Residuos biosanitarios perigosos. Posúen na súa composición axentes infecciosos e, polo
tanto, con capacidade potencial de contaxio e toxicidade.
 Residuos químico-sanitarios perigosos. Conteñen substancias químicas con capacidade de
contaminación ambiental ou humana.
 Residuos radioactivos. Como as substancias contaminadas que proceden dos departamentos
de medicina nuclear (aparatos de raios X, radioterapia).




1

, 1.3 RESIDUOS INDUSTRIAIS
Nos residuos que xera a industria, ademais dos asimilables a urbanos, son de destacar os
residuos tóxicos e perigosos (RTP); é dicir, aqueles que conteñen substancias ou materiais que
supoñen un perigo tanto para a saúde humana como para os recursos naturais e o medio. Entran
dentro desta catalogación aqueles que xeran gases tóxicos, reactivos, inflamables, explosivos ou
substancias tóxicas.
No tratamento dos RTP empréganse varios procedementos, entre eles:
 Tratamentos químicos. Transformación noutras substancias menos perigosas (detoxificación)
utilizando diversos tipos de reactivos e procesos.
 Tratamentos físico-químicos. Procesos de osmose inversa, destilación, etc.
 Tratamentos térmicos. Empréganse elevadas temperaturas para a combustión, gasificación e
cristalización dos residuos perigosos.
 Illamento en depósitos de seguridade, é dicir, vertedoiros localizados en terreos xeolóxicos
seguros e sometidos a un control sanitario.

1.4 RESIDUOS RADIOACTIVOS
Son aqueles que conservan a capacidade de emisión espontánea de partículas subatómicas
ou radiacións procedentes da desintegración de certos núcleos.
Segundo a intensidade da radioactividade podemos clasificalos en:
 Residuos de alta actividade. Están formados fundamentalmente polo combustible
esgotado das centrais nucleares e outras substancias en contacto directo co mesmo.
 Residuos de media o baixa actividade. Están formados por outros materiais e
ferramentas utilizados nas centrais nucleares, residuos de hospitais (medicina nuclear e
radiodiagnóstico) e certas industrias.




1.5 RESIDUOS AGRÍCOLAS, GANDEIROS E FORESTAIS
Destacan principalmente os praguicidas, fertilizantes, restos agrícolas e os excrementos de
animais; estes últimos pódense empregar para fertilizar cultivos.
Os residuos forestais xéranse principalmente pola entresaca e limpeza dos bosques. Entre as
súas utilidades están ser empregados como fertilizantes ou como fonte de enerxía alternativa
(biomasa).

2 XESTIÓN DE RESIDUOS
A preocupación crecente polo medio ambiente fixo xurdir a necesidade dun cambio no
tratamento tradicional do lixo, segundo a cal a maioría dos produtos de refugallo eran, ben
queimados, ou ben depositados directamente no solo ou nas augas.

2.1 XESTIÓN DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS
Con respecto ós residuos sólidos urbanos, dada a súa heteroxeneidade, a xestión debe
combinar políticas de minimización (aplicación da regra dos 3 erres) así como outras técnicas de
tratamento axeitadas para os diferentes compoñentes do lixo.




2
3,99 €
Accede al documento completo:

100% de satisfacción garantizada
Inmediatamente disponible después del pago
Tanto en línea como en PDF
No estas atado a nada

Conoce al vendedor
Seller avatar
sofiafernandez

Conoce al vendedor

Seller avatar
sofiafernandez
Ver perfil
Seguir Necesitas iniciar sesión para seguir a otros usuarios o asignaturas
Vendido
0
Miembro desde
2 año
Número de seguidores
0
Documentos
11
Última venta
-

0,0

0 reseñas

5
0
4
0
3
0
2
0
1
0

Recientemente visto por ti

Por qué los estudiantes eligen Stuvia

Creado por compañeros estudiantes, verificado por reseñas

Calidad en la que puedes confiar: escrito por estudiantes que aprobaron y evaluado por otros que han usado estos resúmenes.

¿No estás satisfecho? Elige otro documento

¡No te preocupes! Puedes elegir directamente otro documento que se ajuste mejor a lo que buscas.

Paga como quieras, empieza a estudiar al instante

Sin suscripción, sin compromisos. Paga como estés acostumbrado con tarjeta de crédito y descarga tu documento PDF inmediatamente.

Student with book image

“Comprado, descargado y aprobado. Así de fácil puede ser.”

Alisha Student

Preguntas frecuentes