100% de satisfacción garantizada Inmediatamente disponible después del pago Tanto en línea como en PDF No estas atado a nada
logo-home
TEMA 5 ATMOSFERA CTMA 2 BACH 5,49 €   Añadir al carrito

Entrevista

TEMA 5 ATMOSFERA CTMA 2 BACH

 1 vista  0 compra

TEMA 5 ATMOSFERA CTMA 2 BACH

Vista previa 2 fuera de 8  páginas

  • 25 de junio de 2023
  • 8
  • 2022/2023
  • Entrevista
  • Desconocido
  • Desconocido
  • Escuela secundaria
  • Bachillerato
  • Natural science
  • 2
Todos documentos para esta materia (120)
avatar-seller
sofiafernandez
TEMA 5. A ATMOSFERA
Enténdese por atmosfera a capa gasosa que envolve á Terra.

1 COMPOSICIÓN DA ATMOSFERA
Na súa composición participan gases:
❖ Maioritarios (N2, O2, Ar, CO2).
❖ Minoritarios, os cales poden dividirse á súa vez en:
o Reactivos (CO, CH4, hidrocarburos, NO2, NH3, SO2, ozono, etc.
o Non reactivos (He, Ne, Kr, Xe, H2, N2O).
❖ Variables, como o vapor de auga, cun papel moi importante na regulación do clima; e os
contaminantes.

Compoñentes % en volume
N2 78,0
O2 20,9
Ar 0.93
CO2 0,03

2 ALBEDO
Unha característica da atmosfera é que filtra parte das radiacións procedentes do Sol, protexendo a vida
das radiacións máis enerxéticas, así como mantendo unha temperatura media con menos oscilacións.
Da enerxía total que chega a Terra unha parte reflíctese de novo ó espazo nunha porcentaxe que se
denomina albedo. Este valor depende da composición da propia atmosfera e da mesma superficie
terrestre. Deste xeito, a nubosidade, po atmosférico ou os gases da atmosfera, así como a presenza
de masas de xeo e neve ou incluso da porcentaxe de solo con vexetación condicionan en grande
medida o albedo da Terra.

3 ESTRUTURA DA ATMOSFERA
➢ Troposfera (tropos= xiro). É a capa inferior da atmosfera e termina na tropopausa. A súa temperatura
diminúe coa altura, dende uns 15 ºC de media na superficie ata uns -70 ºC na tropopausa.
Nela ocorren a maioría dos fenómenos meteorolóxicos, polo que se denomina capa do clima:
fórmanse a maioría das nubes, as precipitacións e existen movementos de masas de aire. Aquí ten
lugar o efecto invernadoiro provocado pola presenza de certos gases (CO2, vapor de auga, etc).
➢ Estratosfera. Esténdese dende a tropopausa ata a estratopausa situada a uns 50-60 km de altitude.
Nela o aire é moi tenue e non existen movementos verticais, senón
horizontais. Non existen nubes, agás na súa parte inferior. A
temperatura aumenta ata acadar un valor máximo na estratopausa.
Entre os 15 e os 30 km de altura concéntrase a maior parte do
ozono atmosférico formando a chamada capa de ozono. Esta presenta
un espesor variable, máximo no Ecuador e mínimo nos Polos. O ozono
(O3) estase formando a partir do osíxeno molecular (O2) e destruíndose
nun equilibrio dinámico que retén o 90% das radiacións ultravioleta, ó
tempo que aumenta a temperatura nesta capa. Este feito ten unha gran
importancia para a vida.
➢ Mesosfera. Esténdese ata a mesopausa, situada a uns 80 km de
altura. A temperatura diminúe de novo nesta capa.
➢ Ionosfera ou termosfera. Prolóngase ata o quilómetro 600 aproximadamente. Aquí a temperatura
aumenta ata uns 1000 ºC debido á absorción das radiacións solares de onda máis curta (raios X e
gamma), provocando a ionización das moléculas de N2 e O2 presentes.




1

, ➢ Exosfera. Esténdese ata o quilómetro 800 aproximadamente. É a última capa e o seu límite ven
marcado por unha baixísima densidade atmosférica, similar á do espazo exterior.




3.1 Gradientes verticais
❖ Gradiente vertical de temperatura. Representa a variación da temperatura do aire na vertical, este
(en condicións estáticas) ten un valor medio de -0,65 ºC/100 m. O quere dicir que o aire situado a un
quilómetro de altura terá unha temperatura 6,5 ºC menor que ao nivel do mar.

❖ Inversión térmica. É o espazo aéreo no cal a temperatura aumenta coa altura na troposfera en vez de
diminuír. Estas inversións térmicas impiden os movementos verticais do aire e pódense presentar a
calquera altura da troposfera.
Unha das causas que orixina este fenómeno acontece nas noites frías: O chan perde calor por
radiación facendo que arrefríe rapidamente xunto co aire que está en contacto con el. O resultado é
unha capa de menor temperatura que o aire superior, o que adoita ir asociado a formación de néboas
por condensación da humidade. A inversión térmica remata desaparecendo durante o día.

4 DINÁMICA ATMOSFÉRICA

O aire atmosférico desprázase movido por variacións na temperatura, presión ou mesmo a humidade.

4.1 Convección debido á presión atmosférica
A presión exercida pola atmosfera sobre a superficie terrestre é de 1 atmosfera (1013 mb). Non
obstante, as diferenzas de temperatura provocan que as masas de aire teñan distinta densidade e por
conseguinte exerzan diferente presión:
 Borrasca. Zona de baixa presión(< 1013 mb): o aire menos denso tende a ascender facendo que o
aire veciño en superficie tenda a ocupar o seu espazo.
 Anticiclón. Zona de alta presión (> 1013 mb) na que o aire ó ser máis denso tende a baixar
desprazando ó aire da superficie radialmente.
2

Los beneficios de comprar resúmenes en Stuvia estan en línea:

Garantiza la calidad de los comentarios

Garantiza la calidad de los comentarios

Compradores de Stuvia evaluaron más de 700.000 resúmenes. Así estas seguro que compras los mejores documentos!

Compra fácil y rápido

Compra fácil y rápido

Puedes pagar rápidamente y en una vez con iDeal, tarjeta de crédito o con tu crédito de Stuvia. Sin tener que hacerte miembro.

Enfócate en lo más importante

Enfócate en lo más importante

Tus compañeros escriben los resúmenes. Por eso tienes la seguridad que tienes un resumen actual y confiable. Así llegas a la conclusión rapidamente!

Preguntas frecuentes

What do I get when I buy this document?

You get a PDF, available immediately after your purchase. The purchased document is accessible anytime, anywhere and indefinitely through your profile.

100% de satisfacción garantizada: ¿Cómo funciona?

Nuestra garantía de satisfacción le asegura que siempre encontrará un documento de estudio a tu medida. Tu rellenas un formulario y nuestro equipo de atención al cliente se encarga del resto.

Who am I buying this summary from?

Stuvia is a marketplace, so you are not buying this document from us, but from seller sofiafernandez. Stuvia facilitates payment to the seller.

Will I be stuck with a subscription?

No, you only buy this summary for 5,49 €. You're not tied to anything after your purchase.

Can Stuvia be trusted?

4.6 stars on Google & Trustpilot (+1000 reviews)

45,681 summaries were sold in the last 30 days

Founded in 2010, the go-to place to buy summaries for 14 years now

Empieza a vender
5,49 €
  • (0)
  Añadir