Tema 3. Os procesos endóxenos
Índice
1. Introdución
2. Deformación da litosfera
2.1. Tipos de deformacións
2.1.1. Deformacións elásticas
2.1.2. Roturas
2.1.3. Deformacións plásticas
3. Magmatismo
3.1. Magmatismo plutónico
3.2. Magmatismo volcánico
4. Metamorfismo
4.1. Tipos de metamorfismo
5. Os procesos endóxenos e o ser humano
, 2
1. INTRODUCIÓN
As constantes modificacións do planeta débense tanto a procesos endóxenos coma esóxenos.
Os procesos endóxenos prodúcense a gran profundidade, debido á estructura e composición do
planeta. É por isto que as rochas que se orixinan por estes procesos orixínanse en ambientes
magmáticos e metamórficos.
2. DEFORMACIÓN DA LITOSFERA
Os esforzos tectónicos son consecuencia da tectónica de placas, e son capaces de dobrar, fracturar,
elevar os materiais e incluso formar cordilleiras. Hai varios tipos de esforzos tectónicos:
➢ Compresión: → · ←
➢ Tración ou tensión: ← · →
➢ De cizalla: ↑·↓
2.1. Tipos de deformacións
Segundo o tipo de esforzos aplicados pola tectónica obtemos diferentes tipos de deformacións.
Tipos de deformacións
➢ Deformación elástica: acontece nos terremotos, o terreo modifícase, mais cando a forza
cesa volve á súa forma orixinal.
➢ Rotura: podese orixinar tanto por esforzos compresisvos coma distensivos (rochas ríxidas)
➢ Deformacións plásticas: o esforzo provocara unha dobra no terreo que seguirá ahi tralo
cesamento da forza.
Factores que interveñen nas deformacións
➢ A natureza das rochas que o forman
➢ A intensidade da forza deformante
➢ O tempo de aplicación da forza deformante
➢ A temperatura
➢ A presenza de auga
2.1.1. Defromación elásticas
Adoitan ocorrer nos terremotos, onde a liberación brusca de enerxía supón a deformación elástica do
terreo (comportamento dos materiais ao atravesárenlle as ondas sísmicas) (ás veces rotura). (Se o
terremoto acontece no mar fórmase un tsunami).
2.1.2. Roturas
Cando as rochas superan o seu límite de plasticidade rompen formando diaclases ou fallas →
prodúcese por forzas compresivas ou distensivas.
➢ Diaclase: rotura do terreo sen desprazamento dos bloques.
➢ Falla: rotura do terreo con desprazamento de bloques.
Partes dunha falla
➢ Plano de falla: superficie pola que se desplazan os labios
de falla ao serarse.
➢ Labios de falla: Cada un dos bloques da falla. Dividídense:
○ Labio elevado .
○ Labio afundido.
➢ Línea de falla: lugar por onde rompeu o terreo (línea de
intersección entreo o plano de falla e a superficie do terreo).
➢ Salto de falla: distancia que se separaron os labios medida
sobre o plano de falla.
➢ Escarpe de falla: é o resalte no terreo, a distancia que se
separaron os labios medida perpendicular á horizontal.
➢ Buzamento: Inclinación do plano de falla.
➢ Dirección: inclinación dunha falla respecto ao norte.