Escrito por estudiantes que aprobaron Inmediatamente disponible después del pago Leer en línea o como PDF ¿Documento equivocado? Cámbialo gratis 4,6 TrustPilot
logo-home
Notas de lectura

Apuntes Conceptos Fundamentais

Puntuación
-
Vendido
1
Páginas
30
Subido en
25-09-2014
Escrito en
2011/2012

Están en galego (Están en galego)

Vista previa del contenido

CONCEPTOS FUNDAMENTALES DE
LAS CIENCIAS HUMANAS Y
SOCIALES

INTRODUCCIÓN. Concepto, orixes e tipoloxía das
Ciencias sociais:
Ciencias humanas y sociais: As que estudan ao ser humano en sociedade.
A súa raíz encontrámola no marco da Ilustración (S. XVIII), onde os filósofos
plantexábanse dar un paso máis aló no ámbito do coñecemento humano. Destacamos a Jean
Baptiste Vico. A súa publicación, no 1725, de “Principios dunha ciencia nova”, pretende crear
unha “ciencia das nacións” referida á sociedade. Esto era plantexado como a necesidade de
complementar os resultados cun novo campo de análise para a razón humana. Esta concepción
gaña peso ao largo do s. XIX, no que os novos autores tratan novos contados, abrindo novos
campos, aínda que de maneira imprecisa. Esperamos ata o 1860 para que xurda un novo
debate, do que aparecerían numerosos campos de traballo relacionados coa concepción do ser
humano. No s. XX se consolidarán e á metade deste século aparecerán xa consolidados
solidamente. As ciencias sociais multiplicaranse, e se introducirán nas universidades
desgallándose novos campos dos vellos. Aparecen revistas, e os métodos de traballo gañan en
rigor. Aparecerá o debate da auxiliaridade de determinadas ciencias entre elas. A metade de
século surxirá tamén o debate da intirdisciplinariedade. Aparecerá cauces comúns entre ciencias
que permitirán a creación de novas maneiras de traballar.
A propia evolución da preocupación pola filosofía, a historia, a política...fai que as ciencias
sociais fórmense pouco a pouco. Unha das primeiras en xurdir é a antropoloxía que aparece a
mediados do s. XVIII, principalmente en mans de Buffon. Avoga este por separar radicalmente
ciencia de relixión, sendo un pioneiro neste ámbito. Durante o s. XIX consolidarase como tal
ciencia a antropoloxía, debido a nova conformación política de Europa, que requeriu da
antropoloxía para crear unha nova identidade propia de cada rexión (Italia, Alemaña...). O
colonialismo tamén será un factor a destacar. A aparición do problema indíxena nos EEUU, fará
que se creen aló institucións coma a “Oficina de asuntos indíxenas”. De esta antropoloxía
nacerán a etnoloxía e a entrongrafía (estudo concreto de unha cultura específica, e as súas
características). Destacamos á universidade John Hopkins, que pretendera analizar a sociedade
do momento.
Así mesmo, nacerá a Xeografía no s. XIX. A primeira cátedra de Xeografía, en Vermont, será
ocupada por Carl Ritter. Xurdirá a escola determinista, que determinará que é o terreo o que
crea o carácter dos pobos (esta é a chamada escola alemá). Tamén a escola francesa, liderada
por Vidal de la Blache, exercerá unha poderosa influencia. Vidal defenderá que a xeografía non
determina, senón que ofrece posibilidades e que son os pobos os que a aproveitan.
Tamén xurde a demografía, derivada das teorías malthusianas, e estudará as características
da poboación humana e será absorbida pola Historia. Xurdiran outras ramas, pero imos a
centrarnos na Historia, a cal pode considerarse ciencia pola súa metodoloxía propia, rigorosa e
científica, mais non sempre foi así.




1

,Tema 1: Obxetivos, Fontes e Métodos da Historia
Social e Ecomómica.
Definimos Historiografía como a Historia da Historia. É a encargada de estudar a evolución
das teorías de diferentes historiadores. Estudaremos a continuación o paso da Historia Narración
á Historia Científica e metodolóxica.
A Historia feita na antigüidade non era científica senón que servía para conservar a memoria
dunha sociedade ou un grupo. De aí a aparición de crónicas que buscaban preservar os feitos de
ditas xentes. Pero esta Historia é unha mera acumulación de acontecementos. Os antecedentes
da Historia ciencia témolos no Renacemento. Diversos sucesos propician certos elementos para
a conversión da Historia en ciencia. Créase un novo interese polas culturas clásicas, e aparecen
traballos sobre iso. Con estes, realízanse traballos, métodos e pautas de estudo. Tamén é
importante a loita relixiosa entre Protestantismo e Catolicismo. Esta loita, que non solo
permaneceu no seo doutrinal, buscaba (por parte protestante) denunciar os abusos do papado
recopiando a crítica dos feitos do Vaticano. Destacamos as centurias de Magdeburgo, revisadas
co fin de denunciar os abusos papais xa citados. Dende o bando católico, lévanse a cabo
intentos de crítica documental, como poden ser a crítica do culto das reliquias dos protestantes,
que derivou nunha crítica católica basada en textos haxiográficos. Xorden escolas de crítica
documental, os bolandistas (seguidores de J. Boland, xesuitas) e mauristas (beneditinos, do
convento de San Mauro, destacamos a J. Mabillon). Estas escolas crean unha nova disciplina no
campo histórico, a diplomática, técnica de crítica documental. Destacamos, en 1686 a obra que
inicia este proceso histórico, de J. Mabillon.
Aínda estamos nun período no que a Historia non cambiou. Os seus presupostos seguen a
ser os dun xénero literario. Os seus fins teñen pouco que ver co coñecemento do pasado,
buscan a ensinanza de valores, virtudes, coñecementos morais, apoloxía de determinadas
causas (habitualmente dende un punto de vista teolóxico), e fundamentalmente, cun uso
narrativo. É un xénero literario que procura ter un estilo agradable.
No s. XVIII esta concepción cambia. Vico estuda a actividade humana e o seu pasado en
todas as súas facetas, asentando sobre novas bases dito pasado, e buscando coñecer os feitos
polas súas causas. Esta idea é o inicio da conversión da Historia en ciencia. Autores coma
Montellius, Montesquieu...basean ampliar o ámbito da Historia e cambian a concepción dos seus
obxectivos. Os ilustrados buscarán dignificar a Historia e que supere a fronteira providencialista,
e que se divulguen de maior maneira os traballos de investigación. Os ilustrados, coa súa idea
de progreso, buscarán periodizar a Historia en concordancia coas ideas optimistas de progreso.
Esta idea xurde da existencia dunha Historia clásica, unha antiga e outra moderna, así como
outra media. Tamén se asumía a idea de involución na Idade Media, e outra de prosperidade do
futuro. Se é certo que os ilustrados realzan esa idea de ciencia na Historia, aínda lle conceden
un carácter didáctico, e prefiren as fontes literarias fronte as archivísticas. É o exemplo de
Voltaire.
A Historia como ciencia xurdirá definitivamente en Alemaña, no s. XIX, da escola histórica
alemá, o denominado historicismo, o que os franceses denominarían positivismo histórico.
Neste século será no que se conformen moitas das identidades nacionais aínda en vixencia. A
unificación alemá tivo un papel nas ideoloxías, contribuíndo a que os historiadores busquen
raíces históricas comúns nos antigos pobos xermánicos. Pero non se queda na mera ideoloxía,
senón que se creará un verdadeiro método científico, que levará a que a historia teña unha
dimensión nunca vista ata o momento. Destacamos a Jurgen Niebuhr, quen será o primeiro en
realizar esta afirmación: “O historiador non debe xulgar nin filosofar, senón que simplemente
debe narrar, interpretar e explicar”. É o fundador do método histórico-científico asentado na
crítica documental, para coñecer a validez dos documentos e na utilización do propio

2

, documento como sostén da súa narración explicativa. Será o seu discípulo Von Ranke, o
encargado de levar estes principios as súas últimas consecuencias. Consolidará estes principios
e converterá, definitivamente, á Historia nunha ciencia. A súa postura revolucionaria a
consolidará, coma xa dixen, e a estenderá ao resto de Europa, o que revolucionará arquivos e
documentos. Buscará constituírse, dende entón, arquivos nacionais, e se buscarán coleccións
de acquivos documentais. Destacamos, por exemplo, a obra de Thomsen, o Corpus
Inscriptionum Latinarum. Tamén será este momento no que a Historia se profesionalizará,
creándose, por exemplo, as primeiras cátedras de Historia, as primeiras metodoloxías que todos
os novos historiadores deben coñecer, a creación e utilización de ciencias auxiliares
(numismática, epigrafía...)... Así mesmo, comezan a aparecer novas revistas históricas, como a
“Revue Histhorique”, que aínda segue a ser publicada.
Na segunda metade do s. XIX nacen os primeiros congresos de historiadores, que buscan
dar a coñecer as súas investigacións, e tamén comeza a ensinarse nas escolas básicas. Polo
tanto, será este historicismo o que contribúa a esta expansión da Historia. Malia isto, certos
autores sentiríanse insatisfeitos con dita tendencia, e reivindican a necesidade de enriquecer e
de crear algo novo. Michelet, estudoso francés, realzará a importancia da masa social na
Historia. Marx, como historiador, plantexa un método novidoso para a análise histórica, dando
importancia aos feitos sociais e económicos. A loita polos medios de produción é a base do
cambio socioeconómico.
É no 1929 cando se producirá un fito clave na Historiografía. Entraremos nun novo período.
Dous profesores franceses de Estrasburgo, Febvre e Bloch, fundan a revista “Annales. Historie,
Sciences Sociales”. Esto serviralles para recoñecer diferentes postulados e a creación de
traballos sobre novas bases metodolóxicas. Buscará loitar contra o ídolo do político (a Historia
entendida coma mero análise da política da época), o ídolo do cronolóxico (Historia como mera
secuencia de sucesos) e o ídolo do individual (estudo das grandes personaxes). Iniciarase,
segundo palabras de Febvre, unha nova historia, unha Historia social. Para el, a Historia debería
de ser unha ciencia do home, nas súas palabras, unha ciencia social.
Os obxectivos desta Historia social son aspirar a estudar todos os campos de actuación do
ser humano no pasado. Toda actividade humana, entón, é susceptible de investigación histórica.
A conclusión é a pesquisa de facer unha síntese dunha Historia total, que abarque e entenda
todos os aspectos do ser humano. Tamén porase atención á masa sobre o individuo, se
comprende a Historia como realidade complexa con multitude de causas multirrelacionadas
para entender os sucesos históricos. Fronte as fontes oficiais, esta Historia social busca
multiplicar o elenco de fontes a utilizar (dende a toponimia á antroponimia, por exemplo). Non
se debe limitar nunca o catálogo de fontes. Tamén defende a dificultade da obxectividade, xa
que cada un escribe dende uns presupostos. Debe intentar que estes presupostos non
convertan o seu traballo nunha mostra de subxectividade, pero é imposible a obxectividade
completa. Destacamos, tamén, o afán comparatista. Existen fenómenos históricos susceptibles
de ser comparados nos que agora suceden. Por último, destacamos a interdisciplinariedade da
Historia con outras disciplinas, coma a economía, a socioloxía...
Tras a 2ª GM, cando esta forma de facer Historia se consolida e pasa da teoría á práctica, os
historiadores chegan a un inevitable proceso de especialización. Esto é o que fai que, pouco a
pouco, xurda unha historia que teña como obxecto de estudo as sociedades. Esta Historia social
foi proposta por Albert Boime da seguinte maneira: “A Historia Social é aquela que estuda as
sociedades do pasado e os grupos que a forman nas súas estruturas e dende o punto de vista
da coxuntura así tanto na corta coma na longa duración.
Esta historia social experimentará, tamén, un proceso evolutivo:




3

Información del documento

Subido en
25 de septiembre de 2014
Número de páginas
30
Escrito en
2011/2012
Tipo
NOTAS DE LECTURA
Profesor(es)
Lopo
Contiene
Todas las clases
3,49 €
Accede al documento completo:

¿Documento equivocado? Cámbialo gratis Dentro de los 14 días posteriores a la compra y antes de descargarlo, puedes elegir otro documento. Puedes gastar el importe de nuevo.
Escrito por estudiantes que aprobaron
Inmediatamente disponible después del pago
Leer en línea o como PDF

Conoce al vendedor
Seller avatar
Ánxela

Conoce al vendedor

Seller avatar
Ánxela Universidade de Santiago de Compostela
Ver perfil
Seguir Necesitas iniciar sesión para seguir a otros usuarios o asignaturas
Vendido
1
Miembro desde
11 año
Número de seguidores
1
Documentos
2
Última venta
5 año hace

0,0

0 reseñas

5
0
4
0
3
0
2
0
1
0

Por qué los estudiantes eligen Stuvia

Creado por compañeros estudiantes, verificado por reseñas

Calidad en la que puedes confiar: escrito por estudiantes que aprobaron y evaluado por otros que han usado estos resúmenes.

¿No estás satisfecho? Elige otro documento

¡No te preocupes! Puedes elegir directamente otro documento que se ajuste mejor a lo que buscas.

Paga como quieras, empieza a estudiar al instante

Sin suscripción, sin compromisos. Paga como estés acostumbrado con tarjeta de crédito y descarga tu documento PDF inmediatamente.

Student with book image

“Comprado, descargado y aprobado. Así de fácil puede ser.”

Alisha Student

Preguntas frecuentes